sábado. 27.04.2024
Cigarróns do Entroido de Verín. | FOTO: Iván Iglesias.
Cigarróns do Entroido de Verín. | FOTO: Iván Iglesias.

Como todo o relativo ó Entroido, en Verín xa botamos en falta o bautismo dos novos Cigarróns que se viña facendo tradicionalmente. Logo de tres longos anos, neste #Entroido2023 volverá celebrarse o Bautizo do Cigarrón na Praza da Mercé. Será o sábado, día 18 de febreiro, a partir das 16:30 horas, cando 8 rapaces e rapazas vistan por primeira vez o traxe de Cigarrón nun evento que contará coa participación dos recoñecidos Esther Estévez e Rubén Riós que non quixeron deixar de colaborar no acto.

O prazo de inscrición no Bautizo do Cigarrón permanece aberto dende o pasado 14 de xaneiro. Como cada ano, serán 8 as nenas e nenos que poderán participar; para elo haberá que facer unha solicitude a través do mail [email protected], indicando os datos da persoa bautizada: nome completo, data de nacemento, domicilio, documento de identidade (se o ten), nome da persoa que o axudará a vestirse e un número de teléfono de contacto. A día de hoxe, xa hai catro rapaces inscritos.

Os novos cigarróns, xa bautizados logo do acto de incorporación na praza da Mercé. (FOTO: CARLOS MONTERO)
Os novos cigarróns, xa bautizados logo do acto de incorporación na praza da Mercé no 2019. | FOTO: Carlos Montero.

Todos os participantes deberán subir ó escenario semi vestidos; é dicir, coa camisa, as medias e os zapatos e acompañados da persoa que os axudará a terminar de vestir o traxe de Cigarrón. Logo, irán vestindo o pantalón, a faixa, as ligas, a chaqueta, a gravata e, finalmente, as chocas. Ademais, recibirán un diploma e un agasallo como lembranza dise día tan esperado. 

Sorteo de caretas de Cigarrón

A Asociación Cigarrón de Verín ofrecerá, a todos os asistentes ó acto na Praza da Mercé, a degustación gratuíta de bica e licor-café e terá un espazo, ubicado na mesma praza, para a venda de camisetas, sudadeiras e artículos da propia asociación. Ademais, ó longo do evento, procederase ó sorteo de dúas caretas de Cigarrón. As rifas para participar no sorteo están dispoñibles nos establecementos colaboradores que podes consultar na imaxe inferior.

Asociación Cigarrón, sorteo caretas 2023
Relación de establecementos colaboradores coa Asociación Cigarrón de Verín para o sorteo de dúas caretas.

 

As rifas para o sorteo das caretas xa están á venda ó prezo de 1€ en ditos locais comerciais e de hostalería. Iste ano, a Asociación Cigarrón de Verín premiará a dúas persoas afortunadas que obterán unha careta tradicional de Cigarrón.

ENTROIDO 2023 | O Bautizo do Cigarrón contará con Esther Estévez e Rubén Riós como...