xoves 22.08.2019
O LÍDER DO BNG DA VILA PRESENTOU A SÚA CANDIDATURA AOS COMICIOS DO MES DE MAIO

Diego Lourenzo ofrécese como o candidato do "entusiasmo" para alcaldía de Verín

O actual tenente de alcalde Diego Lourenzo presentou a súa candidatura ao goberno municipal polo Bloque Nacionalista Galego. Estivo apoiado polos seus compañeiros de lista, así coma de Iago Tabarés, candidato ao Congreso dos Deputados e de Ana Pontón, portavoz nacional do partido. Entre os asistentes estaba tamén o actual rexedor e compañeiro de Goberno local, o independente do PSdeG, Gerardo Seoane.

O salón ateigado de xente durante o acto. (FOTOGRAFÍA: Manu San Martino)
O salón ateigado de xente durante o acto. (FOTOGRAFÍA: Manu San Martino)

Diego Lourenzo, candidato ao goberno municipal de Verín polo BNG, presentou a súa candidatura hoxe ás 20:30 h no Salón de Actos da Casa da Cultura da vila.

O evento, ao que acudiron diversos medios e veciños da localidade -incluído o seu compañeiro de Executivo, o alcalde Gerardo Seoane-, estivo marcado polo discurso do actual tenente de alcalde, no que afirmou estar "seguros que coa forza de todos e todas, coa forza da veciñanza, seguiremos escribindo páxinas cheas de entusiasmo no libro de Verín", destacando tamén algúns dos principais logros das áreas do goberno, como "a posta en valor das augas termais", do "patrimonio como as fontes históricas" ou a "humanización dos espazos públicos". O candidato sinalou a importancia de seguir apostando polos servicios de xestión pública, "co obxectivo de que a xente moza opte por quedar na vila e os maiores teñan unha vida digna na súa vellez".

 

seoaneyesposa

 

"Os e as concelleiras do Bloque foron un elemento clave traballando con responsabilidade e seriedade", dixo Ana Pontón dos seus compañeiros de formación

 

Lourenzo tivo o apoio presencial de Ana Pontón, portavoz nacional do BNG e deputada do Parlamento de Galicia, que no seu discurso fixo alusión ás melloras conseguidas nestes catro anos de goberno, na que asegurou que  "os e as concelleiras do Bloque foron un elemento clave traballando con responsabilidade e seriedade". A dirixente do BNG destacou o equipo de persoas que acompañan a Lourenzo na candidatura, estando "dispostas a dar o mellor delas mesmas". Pontón rematou o seu discurso pedindo un apoio maioritario da poboación verinense para a candidatura que encabeza Diego.

 

A LISTA DO BNG PARA AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE VERÍN

  1. Diego Lourenzo Moura
  2. Emilia Somoza Basalo
  3. Eugenio Quintas Alborés
  4. Purificación Caldelas Rodríguez
  5. Abelardo Meiriño Vieites
  6. Samanta Barreira Vivián
  7. Carlos Crespo Toral 
  8. Rosa Ana Méndez Cortizo 
  9. Daniel Veiga Martínez 
  10. María Dolores Pérez González
  11. Aarón Dacosta Lorenzo
  12. Vanesa Fernández Rodríguez
  13. Francisco Pérez Diéguez
  14. Adela Gallego Rodríguez
  15. José Alberto Vaz Tarrazo
  16. Josefa González González
  17. Alberte Blanco Casal

Suplentes:

  1. Xiana Rolán González
  2. Jorge Fernández Álvarez
  3. Begoña Alonso Santamarina
  4. Xesús Lantes Vitureira
  5. María Luz Méndez Rivero
  6. José Antonio Álvarez Alonso
  7. Isabel Concepción García Rodríguez

Diego Lourenzo ofrécese como o candidato do "entusiasmo" para alcaldía de Verín
comentarios