sábado 08/05/21
O resto de municipios do distrito sanitario non sufriron modificacións nos datos

CORONAVIRUS VERÍN | Soben a seis os casos activos por coronavirus en Laza

concellodelaza
Casa do Concello de Laza.

O alcalde de Laza, José Ramón Barreal, confirmou que o seu concello rexistra seis casos positivos por coronavirus, contrario aos datos publicados polas autoridades sanitarias que establecían ese número en dous. Segundo o rexedor, trátase dun "gromo moi concreto e illado" e non dunha expansión descontrolada, aínda tendo orixe nun dos bares da localidade. O Concello tamén informa sobre a realización de probas de antíxenos ao longo de toda a mañá no centro de saúde de Laza coas que pretenden identificar novos casos asintomáticos se os houbera.

O resto de concellos non sufriron modificacións en canto aos últimos datos aportados polo Sergas:

  • Verín: 23 casos
  • Cualedro: 16 casos
  • Riós, Vilardevós e Castrelo do Val: 1 caso
  • Monterrei e Oímbra: 0 casos

Cribado en Verín

Este próximo sábado 1 de maio, está previsto un novo cribado a 3000 veciños do concello de Verín de entre 16 e 74 anos que terá lugar na lonxa agropecuaria. A Protección Civil, Policía Local e autoridades sanitarias recomendan acudir á hora de citación, coa documentación ou mensaxe de convocatoria preparados e ter claro o procedemento de entrada e saída de maneira ordenada ao recinto: 

  • Entrada: Rúa San Antón
  • Saída: Rúa Canella Cega

Instruccións de acceso ao cribado deste sábado en Verín. | FOTO: Protección Civil de VerínInstruccións de acceso ao cribado deste sábado en Verín. | FOTO: Protección Civil de Verín

Para acceso peatonal e persoas con mobilidade reducida habilitase un acceso e unha saída polas mesmas rúas. As autoridades recordan que a proba PCR é voluntaria pero inciden na importancia de colaborar para identificar novos casos asintomáticos.

CORONAVIRUS VERÍN | Soben a seis os casos activos por coronavirus en Laza
comentarios