mércores 16/06/21
Non se rexistraron modificacións nas últimas 24 horas

CORONAVIRUS VERÍN | Verín continúa a ser o concello con máis casos activos da comarca

Verín-cribado-uno de maio
Asistentes ao último cribado realizado na lonxa agropecuaria de Verín. | FOTO: M. D.

O Servizo Galego de Saúde acaba de facer públicos os datos oficiais da Covid-19 na comarca no día de hoxe. Non se rexistraron modificacións de casos no último día polo que os datos quedan así:

  • Verín: 5 casos
  • Laza: 2 casos
  • Cualedro e Vilardevós: 1 caso
  • Castrelo do Val, Monterrei, Oímbra e Riós: 0 casos

Verín, por tanto, mantense como o concello onde máis casos positivos se rexistran, unha marca que ostenta dende o pasado día 18 de maio cando, no concello de Laza, comezaron a baixar os positivos de maneira salientable. 

CORONAVIRUS VERÍN | Verín continúa a ser o concello con máis casos activos da comarca
comentarios