venres 17/09/21
O resto de municipios mantén os datos de onte

CORONAVIRUS VERÍN | Baixan Monterrei e Riós: dez casos menos na comarca

Entrada ao concello e ao centro de saúde de Monterrei, en Albarellos. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Entrada ao concello e ao centro de saúde de Monterrei, en Albarellos. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

Segundo os datos oficiais proporcionados polo Servizo Galego de Saúde no día de hoxe, a comarca experimentou unha salientable redución de dez casos nas últimas 24 horas. Monterrei perde seis, e pasa dos dez de onte aos catro de hoxe; e Riós reduce os seus contaxiados en catro, pasando de seis a dous

No resto de municipios predomina a estabilidade, e todos manteñen os números de onte, polo que os datos continúan do seguinte xeito:

  • Verín: 43
  • Cualedro: 6
  • Laza: 6
  • Monterrei: 4 (-6)
  • Vilardevós: 4
  • Riós: 2 (-4)
  • Oímbra: 1
  • Castrelo do Val: 0

CORONAVIRUS VERÍN | Baixan Monterrei e Riós: dez casos menos na comarca
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade