mércores 16/06/21
Galicia deixará tamén de estar perimetrada

CORONAVIRUS | Os bares abrirán ata as 23 e os restaurantes ata a 1 o día do adeus ao toque de queda

Alberto Núñez Feijóo, na comparecencia logo da súa reunión co Comité Clínico.
Alberto Núñez Feijóo, na comparecencia logo da súa reunión co Comité Clínico.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, vén de anunciar as novas medidas que o seu Executivo porá en marcha este sábado, logo de que finalice o Estado de Alarma no territorio nacional. 

Como así confirmou, desaparece o peche perimetral da comunidade -poderá pasarse libremente a Portugal e a outras comunidades- e tamén o toque de queda. Iso si, só se manterá ese peche naqueles municipios en risco máximo, como tamén a limitación horaria. É dicir, Laza e Cualedro seguirán confinados perimetralmente e os seus residentes deberán respectar o toque de queda, aínda que para poder fixar esas medidas, como así anunciou Núñez Feijóo, o seu Goberno deberá pedir autorización ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. 

Maior apertura en bares e restaurantes

Os bares terán hora de peche ás 23:00 horas, e os restaurantes á unha da madrugada. A partir desta última hora non estarán permitidas as reunións entre conviventes nos domicilios ata as 6:00 horas

Galicia deixa de estar pechada perimetralmente

Outra das medidas tomadas polo Executivo autonómico é a supresión do peche perimetral, que afectará claramente aos desprazamentos nas fronteiras con outras comunidades e, sen dúbida, co veciño Portugal. Dende as 00:00 horas deste domingo, o tránsito ao país veciño non ten limitación algunha. 

CORONAVIRUS | Os bares abrirán ata as 23 e os restaurantes ata a 1 o día do adeus ao...
comentarios