domingo 20.10.2019
a cita está fixada para as doce de mediodía diante das portas de acceso ao centro hospilatario

Persoal, pacientes, cidadáns e as "Enfermeiras Eventuais en Loita" concentraránse diante do hospital de Verín

A poboación responde cada venres á chamada da comisión delegada do hospital para concentrarse.
A poboación responde cada venres á chamada da comisión delegada do hospital para concentrarse.

Este venres, como os últimos dous, a cidadanía de Verín e o persoal sanitario e non sanitario do hospital están convocados -ás 12,00 horas- a unha nova concentración diante das portas do centro hospitalario comarcal para seguir defendendo a "calidade da sanidade pública" e loitando contra o que entenden é "un desmantelamento dos servizos do hospital verinense", aseguran dende a comisión delegada. 

enfermeras

A todos eles, que veñen sendo máis de 500 en cada convocatoria, sumaráselle o colectivo de "Enfermeras Eventuais en Loita", que ten programadas concentracións por toda a comunidade diante de todos os hospitais e centros de saúde galegos, como xa vén sendo habitual todos os días 12 cada mes ás 12:00 horas do mediodía. 

Persoal, pacientes, cidadáns e as "Enfermeiras Eventuais en Loita" concentraránse...
comentarios