xoves 13/08/20
Traballan na preparación do reloxio para facer soar as badaladas sincronizadas coa Puerta del Sol

Os comerciantes da Rúa Maior convidan aos verinenses a recibir o 2020 coas campás da parroquia

O reloxio da igrexa parroquial soará para dar as badaladas do vindeiro día 31 de decembro. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
O reloxio da igrexa parroquial soará para dar as badaladas do vindeiro día 31 de decembro. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

Os comerciantes da Rúa Maior de Verín estanse a significar pola súa decidida aposta de revitalizar o comercio na zona. Xa, cara o final do mes de outubro, decoraron de xeito tétrico toda a rúa para atraer así a máis número de clientes. Na campaña de Nadal fixeron o propio e déronlle, repetindo iniciativa, un moi especial colorido aos seus establecementos. Pero, non quedará nun mero efecto estético porque, segundo anunciaron, o vindeiro día 31 de decembro, o reloxio da parroquia Santa María a Maior de Verín soará sincronizado co da Puerta del Sol madrileño para darlles, a todos os que o desexen, as badaladas en directo para que poidan recibir o vindeiro 2020 na rúa Maior e non diante dunha pantalla de televisión.

campana2A Rúa Maior de Verín ten un decorado especial froito da iniciativa dos seus comerciantes. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

O Concello de Verín xa anunciou que colaborará coa iniciativa facilitando á organización, de xeito gratuíto, o cava e as uvas para a posterior celebración logo de se oiren as badaladas.

Os comerciantes da Rúa Maior convidan a todos os verinenses a que acudan a festexar a chegada do aninovo e instaurar así unha costume que agardan se consolide no tempo.

Os comerciantes da Rúa Maior convidan aos verinenses a recibir o 2020 coas campás da...
comentarios