luns 12/04/21
A inscripción terá un custo de 5€ e será necesario descargar a App de Saudeter

O BTT de Verín organiza por GPS a quinta edición da carreira do Lázaro

As persoas interesadas en participar poderán completar o percorrido entre o 20 de marzo é o 4 de abril

btt9
Carreira de edicións pasadas organizada polo BTT de Verín. | FOTO: Arquivos.

O Club de Aficionados ao Ciclismo, BTT de Verín , en colaboración co propio Concello, organiza a quinta edición da carreira do Lázaro, esta vez por GPS. As persoas interesadas en participar poderán completar o percorrido entre o 20 de marzo é o 4 de abril.

A inscripción terá un custo de 5€ e será necesario descargar a App de Saudeter. É indispensable seguir os seguintes pasos:

  1. Plataforma de inscrición en: ''Inscríbete aquí!''.
  2. Ver o trazado da ruta en google maps ou Apple Maps en: ''Información de carrera''.
  3. Adestrar antes da carreira en: ''Entrena para la carrera''.
  4. Ver tempos e clasificacións ao rematar o exercicio.
  5. Pódese participar co móvil o que implica que a App ten que estar en funcionamento en todo momento. Tamén se pode correr co reloxo ou ciclocomputador, descargando o arquivo GPX.

O link pódese descargar en ''Información de la carrera''. Pero será necesario iniciar o exercicio uns metros antes do punto exacto da saída e pechalo uns metros despois da meta. Ao rematar hai que subir o track en formato GPX no enlace destinado para tal fin.

En canto ao protocolo COVID-19 establecido para devandita carreira, é necesario lembrar que poderán realizar a proba conxuntamente un máximo de catro persoas non conviventes, e sempre con máscara.

O BTT de Verín organiza por GPS a quinta edición da carreira do Lázaro
comentarios