sábado. 27.04.2024
Axenda cultural.

Primeira fin de semana de setembro coa rutina á volta da esquina. Aínda que o verán xa estea case preparado para marchar, velaí van algunhas propostas contra o aburrimento porque os días de lecer son para desfrutar.

Agora, que o tempo aínda acompaña, son moitas as andainas en grupo ao Santuario dos Milagres, que está a celebrar a súa semana grande en Baños de Molgas. Para os máis devotos, non esquezades botar un ollo ás citas obrigatorias desta festa, que vivirá a súa noite grande coa luz das antorchas sobre o Monte Medo. Mesma actividade no Santuario dos Remedios, en Vilamaior, uns días antes. A quen lle apeteza quedar máis preto da casa, camiñata organizada pola ruta da Vía da Prata, enmarcada no programa Xacobeo, que partirá dende Verín e finalizará en Laza.

Para os fanáticos do cine e da cultura en xeral, ineludible cita durante toda a semana na sexta edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Verín, no que participan, ademais de pezas de todas as partes do mundo, moitos artistas locais, como os verineses Héctor Domínguez-Viguera e Íñigo Rolán. Como actividade paralea ao certame, non perdades o concerto do dúo musical Verto no Auditorio Municipal. Mola!

E os amantes da forma de vida de antano, que? Tranquis que para vós traemos talleres para revivir tradicións como o procesado artesán da ; coñecer con que facían música as nosas avoas ou saber algo máis sobre a arqueoloxía da zona, todos en Riós. No mesmo lugar, para os máis románticos, noite de observación de estrelas.

Non podíamos marchar sen contarvos as opcións para os máis cativos da casa. Espectáculo teatral no Castelo de Monterrei coa 'tropa do doutor Milagre' ou os marabillosos contacontos do polifacético Anxo Moure, en RiósAgora tomade todos nota… E a desfrutar! Boa finde!

AXENDA CULTURAL | Sen plans para esta fin de semana? Velaí algunha das nosas propostas...