venres 17/09/21
Á que cada ano acoden miles de devotos

NOTICIAS VERÍN | As citas ineludibles da semana grande dos Milagres

Os Milagros 2021.
Os Milagros 2021.

O Monte Medo, en Baños de Molgas, xa está de festa. Como cada ano, acolle a miles de fieis que senten devoción pola Virxe dos Milagres e lle queren render homenaxe. Moitos acoden a pé, nas distintas andainas organizadas dende moitos puntos de Galicia, moitas dende Ourense. Agora, inmersos na semana grande da celebración, recordamos as citas máis importantes que non deben perder.

Durante toda esta semana e ata o vindeiro día 8 de setembro terá lugar a novena predicada polo presbítero da diócese de Ourense, don José Manuel Salgado Pérez, ás 19:00h -excepto o sábado que se celebrará ás 18:00h e o domingo ás 12:00h-. Ao longo de todas as xornadas e segundo preferencia poden acudir ás misas na honra á virxe -seis pola mañá e tres pola tarde-, que este ano están orientadas cara unha intención especial: o fin da pandemia. Non esquezan tampouco que o rosario se celebra todas as tardes ás 18:30h.

Na xornada anterior ao día grande a cita trasládase á noite. Será o 7 de setembro cando, ás 23:00h, a luz do Rosario das Antorchas ilumine todo o Monte Medo. Esta celebración, moi aclamada e admirada, reúne cada ano a miles de persoas, que este ano terán que congregarse, ademais de coas súas velas en alto, respectando todas as medidas de seguridade contra a Covid.

É a antesala do mércores 8, día da festa solemne cando, despois da misa das 12:00h, unha das máis concorridas, terá lugar a tradicional procesión coa imaxe da Virxe María.

NOTICIAS VERÍN | As citas ineludibles da semana grande dos Milagres
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade