Venres. 29.03.2024

Evento

Segunda finde de Pedra: festival de saberes, en Riós

04/09/21 a 05/09/21
10:00 a 14:00
Reitoral da Chaira, Trasestrada
Procesado artesán da lá, unha das actividades enmarcadas en Pedra: Festival de Saberes celebrado en Riós.
Procesado artesán da lá, unha das actividades enmarcadas en Pedra: Festival de Saberes celebrado en Riós.

Por segunda fin de semana consecutiva o concello de Riós ofrece unha serie de obradoiros, charlas e espectáculos ligados á tradición e cultura do rural. Todas as actividades enmarcadas no programa Pedra: festival de saberes, requiren dunha inscrición previa para controis de aforo. Recomendan, dende a organización, levar a entrada nun dispositivo móbil e acudir ao recinto 20 minutos antes do inicio da actividade para realizar a entrada escalonada.

  • SÁBADO DÍA 4 DE SETEMBRO:
    • De 10 a 12h: Tirando do fío: O procesado artesán da lá.
    • De 17 a 19h: Con cazolo e chave: A música das avoas, con veciñas de Feilas.
    • De 19 a 22h: O pasado nas pedras do val do Támega, coa arqueóloga Beatriz Comendador.
    • De 22 a 23:59h: O ceo ancestral: observación de estrelas
  • DOMINGO DÍA 5 DE SETEMBRO:
    • De 10 a 12h: Fitos no camiño ancestral: Coñecendo os segredos da Vía da Prata, con Beatriz Comendador.
    • De 12 a 14h: Contada para os cativos, co polifacético escritor e contacontos, Anxo Moure.
Comentarios