sábado 21.09.2019
A asociación de veciños de A Rasela vén de prohibir o consumo do líquido elemento para beber e cociñar

O Concello de Verín pon en marcha un programa de control das augas nas aldeas

O Concello de Verín está a supervisar, en cada núcleo de poboación alleo á vila, as condicións de salubridade e caudal dos diferentes sistemas de abastecemento que aínda están sendo xestionados polas diferentes asociacións de veciños. Unha vez que remate a avaliación do seu estado, ofrecerá a cada núcleo que cedan a xestión a Espina & Delfín -a empresa concesionaria das aguas en Verín- ou ao futuro servizo municipal que se porá en marcha a demanda.

As analíticas recentes detectaron que o abastecemento da localidade de A Rasela non era apto para a inxesta humana.
As analíticas recentes detectaron que o abastecemento da localidade de A Rasela non era apto para a inxesta humana.

O Concello de Verín está levando a cabo un control exhaustivo da salubridade das augas de aquelas aldeas que non están adheridas á prestación dos servizos da empresa concesionaria Espina & Delfín, que servirán tamén para avaliar tanto o estado das conducións de abastecemento como a garantía de suministro na etapa estival.

Segundo confirmou o rexedor, Gerardo Seoane, estánse avaliando as acometidas e traídas nas localidades de Feces de Cima, Feces de Abaixo, Tamagos, Tamaguelos e A Rasela. No estudo que está levando a cabo a empresa concesionaria das augas da vila, recóllense mostras do líquido elemento, mídese o caudal existente e se calcula o previsto cando as condicións climatolóxicas empeoren coa suba das temperaturas, ademais de supervisar o estado de todas as conducións dende os respectivos depósitos ata as acometidas individuais dos diferentes usuarios.

Unha vez avaliado o estado, salubridade e garantía de suministro, dende o Concello de Verín confirman que se lles ofrecerá, ás asociacións veciñais xestoras de cada unha das diferentes traídas, tres posibilidades. A primeira, que manteñan a xestión das súas propias traídas, pero "sempre seguindo as instruccións que dende o Concello lles marquemos na liña de manter en todo momento a potabilidade das mesmas", di Seoane Fidalgo. A segunda das opcións será convidar ás asociacións de veciños a que cedan a xestión das aguas da localidade á entidade Espina & Delfín, como xa fixeron no seu día, por exemplo, núcleos de poboación como Queirugás.

TERCEIRA VÍA

A derradeira opción que ofrecen dende o Concello é que esas aldeas e as súas entidades xestoras do abastecemento cedan a explotación do suministro á institución municipal, que porá en marcha, de ser preciso, unha entidade local de aguas para a xestión directa do servizo se así llo solicitan as diferentes poboacións. 

bandoA asociación de veciños de A Rasela vén de prohibir o consumo de auga para cociñar e beber.

PROHIBICIÓN DA INXESTA NA RASELA

Foron precisamente esas análises preventivas para comprobar a salubridade das augas das diferentes localidades as que detectaron a presenza de partículas no abastecemento de A Rasela que, polo de agora, están impedindo o seu consumo tanto para cociñar como para beber. A asociación de veciños da aldea informou mediante bandos locais da prohibición ata que se subsanen as deficiencias de calidade detectadas. 

O Concello de Verín pon en marcha un programa de control das augas nas aldeas
comentarios