luns 06.07.2020
Os investigadores sospeitan que podería levar 48 horas falecido

Atopan morto a un home de 72 anos no seu domicilio da avenida de Castela, en Verín

O cadáver do home atopado morto na avenida de Castela foi retirado do domicilio pasadas as 23:30 horas deste venres.
O cadáver do home atopado morto na avenida de Castela foi retirado do domicilio pasadas as 23:30 horas deste venres.

A pasada noite efectivos da Garda Civil de Verín accederon ao domicilio de Juan José, F. L., de 72 anos, na avenida de Castela, número 56 da vila, logo de que recibiran o aviso de que o home levaba varios días sen dar sinais de vida e, como relatan algúns veciños, cas luminarias da vivenda accesas nas últimas xornadas. 

Alí o atoparon falecido, sen aparentes sinais de violencia e todo fai indicar que puido tratarse dunha morte natural. Con todo, ao longo da mañá deste sábado, serálle practicada a autopsia para determinar as causas do seu falecemento.

As primeiras investigacións apuntan a que o varón podía levar sen vida alomenos un par de días. 
Pasadas as 23:30 horas na noite retiraban o corpo da vivienda, onde residía só. O operativo, aínda que discreto, xerou unha lixera expectación no lugar. 

Atopan morto a un home de 72 anos no seu domicilio da avenida de Castela, en Verín
comentarios