Xoves 23.05.2019
Estará aberto ata o 5 de maio

Abre o prazo de inscrición para o II Concurso de Pintura Rápida no entorno da Acrópole de Monterrei

Os participantes terán que ter máis de 16 anos. O concurso terá as categorías de lenzo acrílico e oleo ou debuxo rápido carboncillo.

Cartel do concurso
Cartel do concurso

A Oficina de Turismo do Concello de Monterrei, en colaboración coa Deputación de Ourense, convoca o II concurso de Pintura Rápida no entorno da Acrópole de Monterrei. O prazo estará aberto dende hoxe ata o 5 de maio e terá lugar o día 11 de maio.

Os premios segundo as categorías - lenzo acrílico e oleo ou debuxo rápido carboncillo- serán de 400€ e 100€ o primeiro posto, 200€ e 75€ o segundo posto e 100€ e 50€ o terceiro, respectivamente.

Admitirase unha obra por artista e poderán presentarse ao certamen persoas maiores de 16 anos, profesionais ou non, que presenten as solicitudes dentro das datas habilitadas. O tema obrigado será o entorno paisaxístico e monumental da Acrópole de Monterrei.

As inscricións efectuaranse na Oficina de Turismo de Monterrei con enderezo Paseo das Damas s/n. Poderase efectuar consultas no teléfono de información 988361360. Establécese unha cuota de inscrición de 15 euros para pintura e de 5 euros para debuxo rápido. 

Abre o prazo de inscrición para o II Concurso de Pintura Rápida no entorno da Acrópole...
comentarios