sábado. 27.04.2024
Ana María Villarino, José González, Víctor Manuel López, Lara Da Silva e José Luis Cabarcos, na Adega Ladairo do Rosal, en Oímbra. | FOTO: Iván Iglesias.
Ana María Villarino, José González, Víctor Manuel López, Lara Da Silva e José Luis Cabarcos, na Adega Ladairo do Rosal, en Oímbra. | FOTO: Iván Iglesias.

O conselleiro de Medio Rural, José González, visitou esta mañá as instalacións da Adega Ladairo no Rosal, Oímbra, para comprobar os avances da vendima na D.O. Monterrei. González louvou o traballo feito por ela e por todo o sector vitivinícola galego, destcando a calidade "excelente" da uva que se prevé recoller nesta campaña.

Nesta visita tamén estiveron presentes José Luis Cabarcos, director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria; Lara Da Silva, presidenta do Consello Regulador da D.O. Monterrei; Víctor Manuel López, xerente da Adega Ladairo; e Ana María Villarino, alcaldesa de Oímbra.

Xuntos viron de primeira man como avanza a vendima deste ano, que celebra as chuvias desta semana. "A agua estalle sendo moi boa porque había un estrés hídrico importante na planta pola seca", sinalou Da Silva. O maior desexo que teñen é que as precipitacións, de seguir, o fagan como ata o de agora para non estragar a uva.

 

Pese a que a situación climatolóxica foi adversa, dende a D.O. prevén mater as cifras de recollida do 2021. "Penso que estaremos ao redor dos 6 millóns de quilos como no ano pasado", apuntou Da Silva. O aumento de hectáreas produtivas na D.O. durante os últimos tempos, que xa empezan a dar froitos, compensan as posibles perdas que puidera ocasionar a climatoloxía extrema deste verán. "Cremos que será unha campaña de vendima excelente tanto en cantidade como en calidade", opinou Da Silva.

O 1 de setembro, a adega Castro de Lobarzán, en Monterrei, foi a primeira en iniciar a campaña no D.O. Dende ese momento, outras fóronse unindo e a recollida sitúase xa nun millón de quilos de uva. "Aínda é moi pouco", apunta Da Silva. Como xa ocorreu nos últimos anos, a vendima tamén se adiantou neste 2022 e prevén rematala "sobre o 20 de outubro".

Na visita, o conselleiro tamén destacou a futura Lei de calidade alimentaria de Galicia, que busca que os produtos alimentarios galegos -viños incluidos- consigan unha nova dimensión máis competitiva e atractiva para a cidadanía e, en consecuencia, favorecer ó desenvolvemento local, á creación de emprego e á diversidade produtiva.

Ademais, tamén falou da Lei de recuperación de terra agraria, que cumpriu un ano de vixencia pondo en valor parcelas abandonadas ou infrautilizadas para que, a través da actividade económica, se fixe poboación no rural ao tempo que se avanza na anticipación dos incendios.

NOTICIAS VERÍN | A D.O. Monterrei prevé unha recollida de 6 millóns de quilos de uva