![Morea de libros na casa consistorial de Oímbra.](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/diariodotamega/images/2022/05/16/2022051613222356870.jpg)
10 de mayo de 2024, 18:20
Centos de libros estarán a disposición, os días 14, 15 e 16 de maio, na casa consistorial de Oímbra, para agasallar a veciños e visitantes con motivo da celebración do Día das Letras do 2024.
En horario de mañán ata a peche da instalación municipal, os que así o desexen pódense achegar para retirar o seu obsequio. Ana Villarino repite iniciativa "non só polo grande éxito das anteriores, senón porque teño o convencimento de que o mellor xeito de festexar unha data tan importante para os galegos non é outro que agasallando cultura", apuntou a rexedora.