luns 26/10/20
O maior estaba ingresado no CHUO logo de ser trasladado dende o hospital de Verín

Falece un home de 76 anos de Oímbra o día no que se coñecen 8 positivos máis na comarca

A comarca rexistra un novo falecido con coronavirus, neste caso un hombre de 76 anos residente en Oímbra e que presentaba patoloxías previas. Os novos casos coñecidos esta mañá de positivos elévanse a oito. 

Interior do centro de saúde de Oímbra. | FOTO: Noelia Caseiro.
Interior do centro de saúde de Oímbra. | FOTO: Noelia Caseiro.

A comarca vén de rexistrar un novo falecemento dun home de 76 anos residente en Oímbra e que, ademais doutras patoloxías previas, estaba enfermo de COVID - 19.

Será soterrado esta mesma tarde, logo do seu traslado dende o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), onde permanecía ingresado. 

O falecemento tivo lugar na madrugada deste mércores 30 de setembro, no que se coñeceron 8 novos casos positivos na comarca de Monterrei, segundo puido saber Diario do Támega. Os diagnósticos de COVID - 19 acreditados con PCR son, no día de hoxe: un home de 81 anos do concello de Oímbra, un home de Vilardevós de 88 anos, dúas mulleres de Verín de 44 e 55 anos, e catro homes de Verín de idades 55, 64, 73 e 84 anos

Tamén o concello de Verín confirmou que a día de hoxe eran 55 os casos que permanecían activos dentro do seu termo municipal

Falece un home de 76 anos de Oímbra o día no que se coñecen 8 positivos máis na comarca
comentarios