venres 30/10/20
Outra iniciativa, na parroquia das Casas dos Montes, procederá á reparación dunha rúa a medio pavimentar

O Concello de Oímbra arranxa o lavadoiro das Chás e propón construir unha barbacoa na localidade

As tres medidas, en conxunto, supoñen un orzamento de 48.000 euros. Son realizadas pola entidade municipal e financiadas polo Plan Provincial de Asistencia e Cooperación da Deputación de Ourense.

O lavadeiro que o Concello de Oímbra está a reacondicionar na parroquia das Chás. | FOTO: Cedida.
O lavadeiro que o Concello de Oímbra está a reacondicionar na parroquia das Chás. | FOTO: Cedida.

A medida, segundo fontes municipais, forma parte dun programa máis amplo estruturado en tres actuacións: a reparación do lavadeiro e a construcción dunha barbacoa na localidade das Chás e o remate dunha rúa -que non está completamente pavimentada- na parroquia das Casas dos Montes.

O orzamento para o conxunto das obras é de 48.000 euros. As tres medidas son levadas a cabo polo Concello de Oímbra e finánciase a través do Plan Provincial de Asistencia e Cooperación sustentado pola Deputación de Ourense

O lavadoiro das Chás estaba moi deteriorado: os verquidos eran constantes e a traída da auga atopábase en mal estado debido ó material -plástico- e o descoido dun dos caños. Con esta medida, estanse a selar as beiras da estrutura para que non haxa vertidos e preténdese arranxar a evacuación de augas.

Na mesma liña, estase a limpar o pavimento -ata o de agora, enlodado- para posteriormente recubrilo con pedra, dacordo cas recomendacións do informe presentado por Patrimonio -é unha actuación protexida pola entidade-.

No entorno dos lavadoiros -preto do Centro Social- vaise levar a cabo a segunda iniciativa, que pretende construír unha barbacoa para uso e desfrute dos veciños da parroquia das Chás.

Por último, o arranxo dunha rúa na localidade das Casas dos Montes estaba previsto dentro do Plan de renovación, saneamento e pavimento do entorno que o Concello de Oímbra puxo en marcha o pasado mes de xullo. Despois de tratar a zona da Praza do Cruceiro, a pavimentación dunha das vías excedía o presuposto inicial do plan de reacondicionamento e agora, a entidade municipal recupera a iniciativa para rematar os arranxos na parroquia olimbriguense.  

O proxecto conxunto iniciouse co acondicionamento dos lavadoiros, pero continuará, nas próximas semanas, coas dúas iniciativas presentadas.  

O Concello de Oímbra arranxa o lavadoiro das Chás e propón construir unha barbacoa na...
comentarios