mércores 17.07.2019
ASÍ LLO ACONSELLA O XUÍZ NO FALLO DO RECURSO QUE PRESENTARON NO SEU DÍA CONTRA UNHA RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

Veciños de Monterrei notificará ao Ministerio de Hacienda a posible incompatibilidade do secretario

Aínda que a sentenza do Xulgado do Contencioso-administrativo de Ourense desestima o recurso presentado por Veciños de Monterrei contra unha resolución do alcalde José Luis Suárez Martínez na que rexeitaba a petición formulada polos anteriores de por en coñecemento do Ministerio de Hacienda unha posible incompatibilidade do secretario municipal, a formación que lidera Carme Sola vén de anunciar que, "como nos indica o propio xuíz, seremos nós que elevemos esa posible irregularidade á autoridad competente".

A candidatura de Veciños de Monterrei para os comicios do vindeiro 26 de maio.
A candidatura de Veciños de Monterrei para os comicios do vindeiro 26 de maio.

Veciños de Monterrei vén de anunciar que porá en coñecemento do Ministerio de Hacienda a posible incompatibilidade do secretario municipal do Concello que preside José Luis Suárez Martínez, "como así no lo indica o xuíz nun fallo no que non entra a valorar o fondo da cuestión e deixa a porta aberta a que pola nosa banda poñamos en coñecemento da autoridade competente esas supostas incompatibilidades", asegura Carme Sola, voceira da agrupación veciñal. O anuncio chega despois de coñecerse a sentenza do Xulgado do Contencioso-administrativo pola que se desestima o recurso presentado no seu día por Veciños de Monterrei, logo de detectaren unha hipotética incompatibilidade do actual secretario municipal, Paulino Fernández, ao ordenar pagos a unha empresa familiar na que tivo unha activa representación.

Segundo a resolución xudicial, "nada impide a los concejales, o incluso a cualquier ciudadano, poner los hechos que considere constitutivos de infracción, en conocimiento del Ministerio de Hacienda y Función Pública, por lo que no puede trasladarse esa responsabilidad al Alcalde, cuando no hay ningún precepto que le imponga esa obligación", desestimando así o maxistrado a intención de Veciños de Monterrei de que se revogase o decreto da Alcaldía polo que non se atendía a petición dos anteriores de examinar a posible incompatibilidade do secretario.

Veciños de Monterrei, como así apuntou a súa voceira, Carme Sola, estudia xa co seu gabinete xurídico presentar recurso de apelación á sentenza desfavorable e, paralelamente, a fórmula para poñer en coñecemento do Ministerio de Hacienda a posible incompatibilidade de funcións na que previsiblemente, segundo sosteñen, incurríu o actual secretario.

SEN SENTENZA NO CASO DAS DIETAS DO REXEDOR

Veciños de Monterrei tamén agarda que os tribunais se pronuncien no caso das dietas por asistencia a plenos e comisións de Goberno que ten asignadas o rexedor, moi superiores ás fixadas para o resto dos membros do seu equipo. Así, segundo puxeron de manifesto Veciños de Monterrei, "o alcalde atribúese 200 euros por unha comisión de goberno, cando os seus propios compañeiros só perciben 80. Hai varias sentenzas na liña de que non se xustifica esa discriminación positiva cara o alcalde", apuntaron dende a agrupación.

Veciños de Monterrei notificará ao Ministerio de Hacienda a posible incompatibilidade...
comentarios