martes 27/07/21
O lume declarouse pasadas as 17:00h

NOTICIAS VERÍN | Un incendio corta o acceso á A-52 desde a N-525, á altura de Guimarei

AD94E5FD-6FD6-4A04-9855-04C6416B078F
O helicóptero que traballa na extinción do incendio de Guimarei. | FOTO: Xosé Lois Colmenero

Uns minutos máis tarde das 17:00h declarábase un incendio en Guimarei, concretamente na OU-1018, á altura do tramo que da acceso á Autovía das Rías Baixas dende a N-525.

Dito tramo permanece cortado ao tráfico mentres as autoridades traballan na súa extinción. Dada a cercanía coa autovía podería incluso verse afectada nos próximos minutos.

No lugar permanecen varios vehículos autobomba da Xunta de Galicia, as brigadas de Laza e Vilamaior, a Garda Civil -Seprona- e a Garda Civil de Tráfico, quen regula o tráfico en ambas vías. Uníronse ás tarefas de extinción por aire tres helicópteros e dous avións de carga en terra -ATC-. 

NOTICIAS VERÍN | Un incendio corta o acceso á A-52 desde a N-525, á altura de Guimarei
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade