mércores 21.08.2019
Haberá 30 prazas para Albarellos e 15 prazas para Medeiros

O concello de Monterrei abre o prazo para o Campamento de Verán

Nenos xogando nun río. Fonte: Pixabay.
Nenos xogando nun río. Fonte: Pixabay.

O concello de Monterrei abriu o prazo de inscrición para os nenos que queiran apuntarse ao Campamento de Verán 2019. 

O prazo para poder matricularse pechará o 27 de xuño. O campamento conta con 30 prazas para Albarellos e 15 para Medeiros e estas estarán limitadas por orde de inscrición, tendo prioridade os nenos empadroados no concello.

Os rapaces farán actividades, xunto cos profesionais que os monitoricen, entre as 10:30 h e a 13:30 h, iniciándose o 1 de xullo e rematando o 23 de agosto.

O concello de Monterrei abre o prazo para o Campamento de Verán
comentarios