Martes. 19.03.2024
cine
Cartel das sesións.

O cinema municipal de Verín contará esta fin de semana con diversas sesións das películas "Avengers: Endgame" e "La llorona", no salón de actos da Casa da Cultura.

O filme "Avengers: Endgame" será proxectado o sábado 4 e domingo 5 ás 17:00 h, mentres que a película de terror "La llorona" será proxectada o venres 3 ás 22:00 h, e sábado 4 e domingo 5, nos pases das 20:30 h e das 22:30 h. 

SINOPSES (Vía FilmAffinity)

"Avengers: Endgame" (Ano 2019. 181 minutos de duración. Non recomendada para menores de 12 anos).

Despois dos eventos devastadores de "Avengers: Infinity War", o universo está en ruinas debido ás accións de Thanos, o Titán Loco. Coa axuda dos aliados que quedaron, os Vengadores deberán reunirse unha vez máis para tentar desfacer as súas accións e restaurar a orde no universo dunha vez por todas, sen importar cales son as consecuencias... Carta e última entrega da saga "Vengadores".

"La llorona". (Ano 2019. 93 minutos de duración. Non recomendada para menores de 16 anos).

A chorona é unha aparición tenebrosa, atrapada entre o Ceo e o Inferno, cun destino terrible selado pola súa propia man. A mera mención do seu nome causou terror en todo o mundo durante xeracións. En vida, afogou aos seus fillos nunha rabia de celos, arroxándose no río tras ver coma matou aos seus fillos violentamente. Agora as súas bágoas son eternas, letais, e aqueles que escoitan a súa chamada de morte na noite están condenados. Arrástrase polas sombras e ataca aos nenos, desesperada por reemplazar aos seus. A medida que os séculos pasaron, o seu desexo volveuse máis voraz e os seus métodos máis terroríficos.

"Avengers: Endgame" e "La Llorona" esta fin de semana no cine municipal de Verín