xoves 22.08.2019
Os rapaces da aula de teatro do Concello de Verín recrearon este sábado a outras tantas personaxes

Oito alumnos "montan" unha escena polas rúas de Verín

Todos os que de fronte os atoparon chegaron a pensar ou ben que ían lixeiramente bébedos ou mesmo que podería tratarse dun musical ou "flasmob" polas rúas da vila. Nada máis lonxe da realidade. Oito alumnos da aula de teatro do Concello de Verín que dirixe Santiago Cañaveral pecharon o curso cunha escenificación polas rúas de outras tantas personaxes... Unha monxa fan de Queen, unha terrorista integrante dunha organización armada que viña de voar grande parte das dúas Coreas ou unha bailarina obsesionada coa mestruacción, entre outros, foron as recreacións representadas durante un par de horas polas rúas da vila.

Os alumnos da aula de teatro, pouco antes de dar comezo o exercicio teatral.
Os alumnos da aula de teatro, pouco antes de dar comezo o exercicio teatral.

CRÓNICA | ANA NOGUEROL.- Marcaban as nove e media da noite cando o profesor de teatro Santiago Cañaveral e oito dos seus mozos alumnos ocupaban unha das mesas do ben coñecido por todos os verinenses Souto das Candeas. O que podería ser unha típica cea de fin de curso tiña unha curiosa peculiaridade: o obxectivo era aplicar o aprendido nos tres meses de docencia teatral no pavillón da vila. O importante non era o menú, tampouco o eran as historias que a miúdo amenizan este tipo de encontros gastronómicos. A finalidade potencial era que os coñecementos adquiridos, tanto prácticos coma teóricos, permitisen aos rapaces adoptar unha personaxe durante catro horas. No sentido estrito da palabra e da expresión, xa que o desafío implicaba non abandonar baixo ningunha circunstancia a tesitura comportamental da personalidade en xogo.

Unha cocha con teorías conspiranoicas, unha sombreireira tola e psicótica, unha bailarina de ballet obsesionada coa menstruación, unha terrorista amable, un Peter Pan ionqui, unha rapaza coqueta con colon irritable, unha narcotraficante de xabón obsesionada coa limpeza e unha monxa fanática da música de Queen protagonizaban con talento e esforzo o abraio tanto do docente, como dos traballadores e do resto de comensais.

O nerviosismo dos alumnos non eclipsaba a súa ilusión. O que o sábado pola noite se podía apreciar era futuro. Un futuro que pode levar a desenvolver o teatro como unha ocupación profesional, ou ben coma unha actividade persoal de evasión para poder acadar ese estadio tan omnipresente e complexo como é a ledicia. O profesor observaba como os seus pupilos deixaban de ser Sabela, Marina, María, Xiana, Miguel, Candela, Marta e Laura para converterse en personaxes histriónicas e con estigmas identitarios que rozaban o humorístico e o absurdo. Unha cocha con teorías conspiranoicas, unha sombreireira tola e psicótica, unha bailarina de ballet obsesionada coa menstruación, unha terrorista amable, un Peter Pan ionqui, unha rapaza coqueta con colon irritable, unha narcotraficante de xabón obsesionada coa limpeza e unha monxa fanática da música de Queen protagonizaban con talento e esforzo o abraio tanto do docente, como dos traballadores e do resto de comensais.

De súpeto, unha alarma soaba: "Corea del Norte y del Sur han desaparecido". A terrorista amable esbozaba un sorriso tras anunciar un novo golpe efectivo da súa organización armada.

A mesa escollida, situada ao carón dunha das fiestras, era o primeiro espazo de interacción do teatro coa sociedade verinense. A camareira encargada da mesa, Patricia, recolleu as encomendas destas extravagantes personalidades, que na súa maioría eran as famosas e recoñecidas hamburguesas do local da praza da vila. Un “hermanos, hay que bendecir la mesa” por parte da monxa fangirl deu lugar ao inicio do festín. En contraposición, a narcotraficante de xabóns negouse a dar as súas mans aos acompañantes: a obsesión pola pulcridade superaba o seu afán de conversión espiritual. Paralelamente, un eterno neno verde botaba "polvos máxicos" nas bebidas dos seus camaradas… E na metade da comida, por non dicir que cada cinco minutos, a moza presumida escapaba ao baño por mor do seu problema de saúde, para a continuación sacar un selfie coma se nada diso ocurrise. De súpeto, unha alarma soaba: "Corea del Norte y del Sur han desaparecido". A terrorista amable esbozaba un sorriso tras anunciar un novo golpe efectivo da súa organización armada. Ante a noticia e a visualización mental do vermello da masacre, a bailarina de ballet amosaba a súa fascinación respecto á relación existente entre o sangue e o período femenino. Coma se estivera nunha realidade alternativa, a cocha da conspiranoia pintaba o símbolo illuminati no seu prato de arroz, mentres a sombreireira asustaba con euforia a "diestro e siniestro".

HORA E MEDIA DE EXERCICIO... E RISAS

O transcurso deste creativo ágape, que podería obter a definición de estrambótico e vanguardístico, ocupou unha hora e media da totalidade do exercicio. Observar o espectáculo agochada nas sombras resultaba enternecedor. Era inevitable rir con complicidade ante o carisma dunha etapa vital que hai pouco abandonaches. A inocencia misturada coa imaxinación máis frenética provocan no alleo, e na servidora, sentimentos de morriña desa época na que a curiosidade e o espírito dinámico inflúen en gran medida na modulación do carácter.

cena2Os alumnos da aula de teatro, pouco despois de "montala" no Souto das Candeas.

Unha vez as personaxes comeron, foron as rúas e os seus transeúntes as testemuñas directas do espectáculo. O itinerario improvisado deixou a estela do seu paso pola rúa Maior, a praza do Rei, o parque da Alameda -onde as personaxes atoparon o clímax da súa representación nos tobogáns e columpios-, a praza do Carboeiro e a cafetería Caruso, ante a espectación atónita de todo aquel que atopaba esta manada de artistas no camiño. A recepción desta exhibición era ben acollida por algúns. Outros, lonxe de mostrar interese, parecían ser asistentes a un episodio do máis dantesco. “Isto é un musical?”, preguntaba un rapaz que foi sorprendido casualmente por este característico grupo. A cita rematou sobre as dúas da madrugada: foi tan agotadora que absolutamente todos, incluído o profesor, marcharon para a casa.

A boa relación entre o docente e os alumnos era evidente, pero cómpre destacar a madureza das dúas partes, que souberon separar a amizade e o cariño da profesionalidade. O máis sorprendente? Ver como adolescentes que levan apenas tres meses aprendendo da filosofía e da disciplina teatral foron totalmente capaces de esquecer as súas situacións determinadas para adherir en si mesmos a empatía necesaria para ser outra persoa totalmente distinta. Executaron a súa misión sen ningún tipo de dificultade, o que denota a calidade da docencia impartida e a valía destes aventureiros intérpretes, e tamén connota a necesidade de máis educación emocional e artística para facer do mundo un lugar máis inspirador.

A finalidade do teatro non é nin a fama nin a riqueza, senón un crecemento positivo e progresivo a nivel persoal, espiritual e social. Como ben dixo Konstantín Stanislavski, se o teatro non serve para facer que sexas unha mellor persoa, é mellor fuxir del.

Oito alumnos "montan" unha escena polas rúas de Verín
comentarios