sábado. 20.04.2024
Escaparates de Cine 2019_premiado_barbería carlos
O equipo de Barbería Carlos, gañadores do primeiro premio do concurso "Escaparates de Cinema".

Ó longo do día de hoxe, representantes da Asociación Cultural Vía XIV e de AEVER están entregando os premios ós mellores escaparates de cinema de Verín que, durante 10 días engalanaron diversos establecementos da vila participantes no concurso realizado ó abeiro do Festival Internacional de Curtametraxes Vía XIV de Verín.

Esta mañá coñecíase o resultado do concurso "Escaparates de Cinema 2019", polo que se lle outorgaba á Barbería Carlos o primeiro premio. No segundo posto quedaba a Xoiaría Pato, mentras a terceira posición era para a tenda Noisiness. Cada un dos establecementos gañadores recibe un diploma acreditativo e o seu correspondente premio monetario: 150, 75 e 50 euros.

Cabe destacar que o primeiro premiado, Barbería Carlos, decidiu entregar o importe do premio gañado á propia Asociación Cultural Vía XIV, organizadora do Festival de Curtas, "para apoiar o devir futuro do certame". A decisión dos propietarios da Barbería Carlos é un xesto que Carlos Montero, director do festival de cine, quixo agradecer "moi especialmente".

"Escaparates de Cinema", actividade paralela do Festival de Curtas

Coma xa pasara en edicións anteriores, a cuarta edición do Festival Internacional de Curtametraxes Vía XIV levou parellas diversas actividades paralelas co obxectivo de facer partícipes á poboación e ós axentes socioeconómicos da zona na celebración do festival.

Entre outras moitas actividades,este ano púxose en marcha a segunda edición do concurso "Escaparates de Cinema", promovido pola Asociación de Comerciantes e Empresarios de Verín e a Asociación Cultural Vía XIV, organizadora do certame de cine que se celebra en Verín dende hai catro anos. Un concurso no que os establecementos da vila debían engalanar os seus escaparates con motivos de cinema e promover un ambiente cinematográfico nas rúas de Verín.

O director do festival, Carlos Montero, tamén quixo agradecer a implicación de todas as empresas, comercios e negocios coa celebración da cuarta edición do Festival de Cine de Verín. E "particularmente de AEVER, por apoiar unha vez máis o noso festival e respaldar un dos premios que se entregaron na gala de clausura do certame, co que se distinguiu a traxectoria da actriz Mabel Rivera".

A Asociación Vía XIV e AEVER entregan hoxe os premios do concurso "Escaparates de...