martes. 16.04.2024
Eloy Domínguez, organizador da actividade paralela As dúas caras do Sahara Occidental | FOTO: Íñigo Rolán Taboada.
Eloy Domínguez, organizador da actividade paralela As dúas caras do Sahara Occidental | FOTO: Íñigo Rolán Taboada.

Nova 3, A Raia 1 e Horizontes 1; no Auditorio de Verín e Nova 4, Nova 2 e Outra Mirada 2; na Casa da Cultura, foron os protagonistas desta xornada no marco das proxeccións das curtas presentadas a concurso nesta IV edición do FIC Vía XIV de Verín. Para completar a axenda deste 5 de novembro, desenrolouse a primeira sesión da actividade paralela As dúas caras do Sahara Occidental.

Isto non foi todo, esta mañá na Casa da Cultura, un grupo de 20 alumnos de Finlandia, Hungría, Italia e Portugal, que visitan o IES Xesús Taboada Chivite no marco do programa Erasmus+, participaron na axenda de actividades paralelas -As dúas caras do Sáhara Occidental- do certame verinés. Nesta cita, o director do FIC, Carlos Montero, a propósito da actividade asegurou que "cremos relevante traer ata Verín, no marco do festival, diferentes realidades políticas que é preciso dar a coñecer, especialmente nestes tempos convulsos que vivimos, marcados pola inestabilidade política e económica".

05122019-DSC_9566Os alumnos de Erasmus+ no coloquio da actividade paralela As dúas caras do Sahara Occidental. | FOTO: Íñigo Rolán Taboada

As dúas caras do Sahara Occidental

As dúas caras do Sahara Occidental é unha actividade paralela que ten como misión amosar, dende a cinematografía, unha realidade en conflito (a vida dentro e fóra dos campos de refuxiados nesta zona) a través de diversos puntos de vista. Xa o ano pasado, no FIC Vía XIV levouse a cabo unha actividade cinematográfica que amosou o conflito palestino-israelí dende diversos ángulos e a través do cine. Deste xeito, As dúas caras do Sáhara Occidental dá continuidade a esta pretensión do Festival de Curtas de Verín de erixirse coma espazo de diálogo e punto de encontro a través do cine.

Esta actividade divídese en dúas sesións. Na primeira, que se celebrou na xornada de hoxe ás 20:30 horas,  exhibiuse a longametraxe Hamada, de Eloy Domínguez, presentada polo propio director e cun coloquio posterior ao visionado. Foi Eloy Domínguez o encargado de organizar esta actividade paralela. "Eu que son do rural, tería agradecido moitísimo cando era cativo poder ter acceso a ese tipo de cinema, entón para min é totalmente eloxiable. Espero que pouquiño a pouco se vaia construíndo un público aquí en Verín porque  poder ter acceso á cinema independiente, aos autores e autoras, á debates... É un luxo. Ogallá que haxa máis iniciativas coma estas por toda Galicia", asegurou o director de Hamada.

Espero que pouquiño a pouco se vaia construíndo un público aquí en Verín porque  poder ter acceso á cinema independiente, aos autores e autoras, á debates... É un luxo (Eloy Domínguez, organizador de As dúas caras do Sahara Occidental)

Na segunda sesión, amosaranse as curtas L'Aarifa de Mohamed Salem Lansari, Braham Chagaf e Digya Mohamed-Salm e Tres cámaras roubadas, un proxecto colectivo de Equipe Media.

Programación para o venres, 6 de decembro

A programación do FIC para o venres é a seguinte: Horizontes 2, A Raia 1, Horizontes 1, Sahara 2, Nova 4 e A Raia 2 no marco das proxeccións das categorías oficiais do Fetival. Tamén será o turno da segunda e última sesión de As dúas caras do Sahara Occidental e farase un homenaxe a Mabel Rivera, dentro das actividades paralelas programadas para esta IV edición do Festival de Curtas.

O FIC viaxa ata o Sahara Occidental da man de Eloy Domínguez