xoves 22.08.2019
A estrea oficial do novo traballo da compañía galega tivo lugar co gallo da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

Chévere representará en setembro en Verín Curva España, a obra de teatro sobre a misteriosa morte do enxeñeiro que lle deu nome

Este xoves día 25 presentouse na Mostra Internacional de Teatro Ribadavia Curva España, o novo espectáculo no que a compañía de teatro Chévere leva traballando dende hai meses. Curva España trata sobre un crime aparentemente sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes sobre os seus autores, motivacións e consecuencias. E non é outra que a do enxeñeiro de ferrocarrís José Fernández-España y Vigil nunha das curvas da estrada nacional á altura do Mente, pertencente ó Navallo (Riós), o 26 de maio de 1927.
Miguel de Lira e Patricia de Lorenzo, na imaxe coa que reclamaban información para o seu novo traballo.
Miguel de Lira e Patricia de Lorenzo, na imaxe coa que reclamaban información para o seu novo traballo.

Xa hai data para que a comarca coñeza a última das creacións da compañía de teatro Chévere, logo de que onte, día de Galicia, se presentase de xeito oficial na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Curva España, o novo espectáculo no que Chévere leva traballando dende hai meses, chegará ao auditorio de Verín o vindeiro 28 de setembro ás 20,00 horas

Curva España naceu, como idea, precisamente na vila de Verín. Foi un taxista de A Gudiña quen lles contou a misteriosa historia da que aínda non se coñece con exactitude o que ocorreu, a morte do enxeñeiro José Fernández-España y Vigil nunha das curvas da estrada nacional á altura do Mente, pertencente ó Navallo (Riós). A historia deixounos tan marabillados que poucas horas despois decidiron que o vindeiro traballo de Chévere sería ise, unha obra de teatro que tentase desentrañar o acontecido na medida do posible. Para obter maior información, os compoñentes de Chévere, entre os que se atopa o televisivo Miguel de Lira, que deu o salto á fama logo de interpretar o papel de "Currás" na inesquecíbel serie "Mareas vivas" da TVG, desprazábanse o pasado 23 de marzo ata a vila de Verín, onde, na súa biblioteca, entrevistaron a todos aqueles que algo sabían, querían e tiñan que contar sobre a comentada morte do enxeñeiro España. 

Curva España trata sobre un crime aparentemente sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes sobre os seus autores, motivacións e consecuencias. A partir da existencia de distintas versións sobre o caso, artéllase unha peza que bebe do xénero policial, ironiza sobre o formato documental combinando teatro e cine en directo e funciona como unha alegoría da construción do estado nación español coma se fose a promesa dun tren que nunca chegou.

Chévere representará en setembro en Verín Curva España, a obra de teatro sobre a...
comentarios