viernes. 26.04.2024
O deputado provincial, Juan Carlos Francisco, o Ministro de Infraestruturas portugués, Nuno Santos, o presidente de Vinhais, Luís Fernandes, e o secretario de estado de Agricultura, Rui Martinho. | FOTO: Xosé Lois Colmenero
O parlamentario do PSdeG, Juan Carlos Francisco, o Ministro de Infraestruturas portugués, Nuno Santos, o presidente de Vinhais, Luís Fernandes, e o secretario de estado de Agricultura luso, Rui Martinho. | FOTO: Xosé Lois Colmenero

O presidente da Cámara Municipal de Vinhais, Luís Fernandes, chegaba na tarde de onte ao parque de exposicións da localidade por todo o alto. Ao ritmo das gaitas da Cofradía Ibérica da Castaña, comezaba a presentación da XVI edición da Festa da Castaña -dúas semanas máis tarde do habitual pola toma de posesión do rexedor trala súa reelección-. “Comezo este segundo mandato con optimismo, con vontade de traballar polo concello e axudar ás persoas. Por iso tamén estamos a celebrar esta feira", admitía a este medio.

No marco desta homenaxe á castaña e ante a presenza do Secretario de Estado de Agricultura e Desenvolvemento Rural de Portugal, Rui Martinho, o presidente quixo resaltar a importancia de poñer en valor todos os produtos locais. "A castaña é o produto que máis enriquece a este concello, o máis importante que ten. Pero non podemos esquecer o fumeiro, de referencia na zona e que se todo vai ben, homenaxearemos na segunda fin de semana de febreiro; o mel, os froitos secos. Todos teñen que ser postos en valor en beneficio de quen os produce", resalta.

Se todo sae ben, a segunda fin de semana de febreiro celebraremos a 42ª Feira do Fumeiro (Luís Fernandes)

Cooperación transfronteiriza

Rodeado doutras autoridades a nivel estatal e rexional, como o Ministro de Infraestruturas portugués, Pedro Nuno Santos, e de representantes da nosa comarca -Gerardo Seoane, alcalde de Verín; Ana Villarino, de Oímbra; Rafael Pérez, da Mezquita; José María Lago, da Gudiña; Francisco Armando Veiga, de Riós ou Juan Carlos Francisco, deputado por Ourense do PSdeG no Parlamento de Galicia-, Fernandes centrou o seu discurso no necesario desenvolvemento da rexión.

Os alcaldes da Mezquita, Rafael Pérez; de Riós, Francisco Veiga; da Gudiña, José M. Lago e a de Oímbra, Ana Villarino.Os alcaldes da Mezquita, Rafael Pérez; de Riós, Francisco Veiga; da Gudiña, José M. Lago e de Oímbra, Ana Villarino. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

"Entre todos, temos que construír pontes para o crecemento das localidades, da nosa e das veciñas", afirmaba, quizais a golpe de metáfora para comezar a falar da "necesaria cooperación transfronteiriza". "As relacións que mantemos cos concellos da veciña Galicia mostran que estamos máis preto de Europa. Estas rexións transfronteirizas teñen que ser vistas como territorio non de dificultades, senón de oportunidades", remarcaba.

As rexións transfronteirizas teñen que ser vistas como territorio de oportunidades, non de dificultades (Luís Fernandes)

Unha especie de Eurocidade, como a de Chaves-Verín, presidida polo alcalde de Chaves, Nuno Vaz, presente na cerimonia. Unha das claves desa cooperación e prioridade, segundo palabras do propio presidente, sería a construción dunha autoestrada que una a localidade portuguesa de Macedo dos Cavaleiros coa Gudiña, un proxecto que se atopa paralizado trala oposición do goberno central luso.

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e o presidente de Chaves, Nuno Vaz.O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e o presidente de Chaves, Nuno Vaz. | FOTO: Xosé Lois Colmenero

"É unha ligazón vital e estratéxica, fundamental. As rexións que cooperan son as máis desenvolvidas e iso é o que queremos conseguir cos nosos veciños españois", contaba. "Non é casualidade que estean aquí alcaldes dos concellos galegos contiguos e tamén o de Chaves", engadía. Tamén quixo recordar ao Ministro de Infraestruturas, como reivindicación, o compromiso do goberno galego de executar o tramo español desa citada autoestrada, que abranguería unha extensión de arredor de 20 quilómetros.

Puxo así fin á presentación, dando paso, acompañado de todos os representantes, a un percorrido polos arredor de 90 expositores da festa da castaña -e probando algúns dos seus produtos-. A andaina rematou coa visita no exterior ao maior asador de castañas do mundo, inscrito no Guinness World Records, capaz de cociñar arredor dunha tonelada de produto e do que aínda se poderá desfrutar na tarde de hoxe e mañá.

4447ADBE-54B5-46A3-89A4-F44A5A03859CO maior asador de castañas do mundo. | FOTO: Xosé Lois Colmenero

Luís Fernandes, presidente de Vinhais: "É fundamental traballar nas rexións...