domingo. 19.07.2026
Coa celebración dunha xornada micolóxica

As castañas comparten protagonismo cos cogomelos na Rural Castanea de Vinhais

Xornadas micolóxicas no marco da Rural Castanea de Vinhais.
Xornadas micolóxicas no marco da Rural Castanea de Vinhais.

A tempada de outono ten dous protagonistas gastronómicos moi valorados e versátiles na cociña: as castañas e os cogomelos. A pesar de ser o maior produtor de castaña de Portugal, roldando as 15 mil toneladas ao ano, a localidade de Vinhais incorpora, nesta edición da Festa da Castaña, a número 16, unha xornada adicada a setas e fungos para todos os fanáticos destes alimentos.

A iniciativa, organizada polo Parque Biolóxico do municipio, terá lugar o sábado 6 ás 09:30h, cunha andaina didáctica na que o principal obxectivo será a recollida de exemplares. Como non podería ser doutro xeito, ao remate celebrarase un almorzo con ese suculento manxar seguido dunha conferencia na que se identificarán, diferenciarán e clasificarán cada unha das variedades.

Tras isto, a española Marisa Castro ofrecerá un taller sobre coidados e tratamentos tras unha posible intoxicación con cogomelos. Para isto, é esencial o paso anterior, saber identificalos e diferenciar que variedade é comestible e cal non. Ao remate, o chef portugués Francisco Xavier deleitará aos asistentes cunha degustación de diferentes pratos elaborados con este produto.

Para acudir a esta actividade, enmarcada na Rural Castanea, é necesario estar anotado previamente. Todos os interesados poderán inscribirse ata mañá, día 4 de novembro, por un prezo de 7,50€, no teléfono 933 260 304 ou no correo electrónico geral@parquebiologicodevinhais.com.

Xornadas micolóxicas no marco da Rural Castanea de Vinhais.

As castañas comparten protagonismo cos cogomelos na Rural Castanea de Vinhais