Venres. 29.03.2024
Presentación do poxecto
Francisco Balado, Manuel González e Enrique Cabaleiro na presentación do proxecto. | FOTO: Rutas de Historia.

Os alcaldes de Tui, Castro de Rei, Outes e A Mezquita serán os guías especiais dun grupo de máis de medio cento de persoas para amosar a rica historia e patrimonio dos seus concellos a través do proxecto: Coñecendo a historia cos alcaldes de Galicia. 

O proxecto, que ten como principal obxectivo coñecer, amar, valorar e protexer a historia da nosa terra e impulsado por Rutas de Historia, pretende converter en guías turísticos e históricos por un día aos alcaldes: Enrique Cabaleiro (Tui), Francisco Balado (Castro de Rei), Manuel González (Outes) e Rafael Pérez (A Mezquita). De xeito que sexan eles os que nos fagan unha ruta pola historia e o patrimonio dos seus concellos e dean a coñecer os “segredos ocultos” e as “anécdotas históricas” que atesouran.  

Neste sentido, o alcalde de Tui destacou durante a presentación deste proxecto no Centro Internacional de Prensa de Galicia en Santiago que:

“Cando coñecemos unha cousa, pómola en valor. E cando a pomos en valor, comeza a sensibilidade pola protección”. 

As andainas terán lugar os vindeiros 1,15 e 29 de abril e o 6 de maio, combinando as visitas con camiñatas polas devanditas vilas. Os alcaldes, acompañados nalgunhas ocasións por divulgadores locais explicarán os contextos históricos de diversos lugares do traxecto que estén a facer. 

O alcalde da Mezquita, Rafael Pérez.
O alcalde da Mezquita, Rafael Pérez.

programación das rutas será a seguinte:

  • 1 de abril: Outes, onde os carpinterios se fixeron mestres do mar; o alcalde estará acompañado por Antonio Rodríguez, divulgador e impulsor de Tremuzo Historia e Patrimonio e a través desta ruta litoral coñecerase a carpintaría de ribeira, proceso tradicional da fabricación de embarcacións de madeira.
  • 15 de abril: Coñecendo a Mezquita, a capital de tres reinos; o alcalde estará acompañado por Miguel Losada, antropólogo e divulgador cultural, e ambos guiarán os participantes por un tramo da Vía da Plata para coñecer unha terra de paso de peregrinos pero tamén de segadores e de arrieros, tratantes e viaxeiros.
  • 29 de abrilTui, o outeiro fortificado que quixeron romanos, vikingos e xudeus; unha visita polo Tui medieval e pola ruta dos muíños do río Tripes, un río que nace no Parque Natural do Monte Aloia en no que hai 20 muíños de máis de 200 anos de antigüidade na que o alcalde estará acompañado por Rafael Sánchez Bargiela, historiador, técnico do arquivo, biblioteca e museo do Concello de Tui.
  • 6 de maio: Castro de Rei, unha viaxe na procura do centro da terra; unha visita por máis de 2.000 anos de historia na que se poderá coñecer onde se atopou un tesouro romano, sepulturas paleocristiana, a casa de José Castedo Teijeiro, inventor dun fusíl similar ao máuser, etc.

Dende a organización recomendan ás persoas interesadas que leven roupa axeitada e comida e bebida para o camiño. Para inscribirse haberá que facelo na páxina web do proxecto www.rutasdehistoria.com ou www.rutasdehistoria.gal e abonar 5 euros para seguros e transporte.

‘Coñecendo a historia dos alcaldes de Galicia’, un programa para pór en valor o...