domingo 17/01/21
Ao comité clínico preocúpalle a elevada incidencia de casos que rexistra o norte de Portugal

Verín, Castrelo, Cualedro e Monterrei manteñen o nivel de restricións e haberá que agardar ata fin de mes para ir a Chaves

O conselleiro de Sanidade vén de informar que os municipios da comarca afectados polo nivel máximo de restricións manterán o peche dentro desa améndoa perimetral. Tampouco se poderá saír doutros concellos a Chaves ata final de mes.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na comparecencia desta tarde.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na comparecencia desta tarde.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, vén de comunicar que o subcomité clínico decidiu manter o peche perimetral de toda a comunidade autónoma, que tiña previsto rematar o día 11, durante todo o mes de xaneiro á vista da incidencia que a covid - 19 está tendo nos concellos do norte de Portugal. Así mesmo indicou que, de acordo coa consellería de Política Social, decidiuse blindar as residencias sociosanitarias, que agora mesmo están en plena campaña de vacinación, restrinxindo as visitas a tan só unha semanal por usuario. Ademais quedarán suprimidas as saídas dos centros aos residentes.

La imagen puede contener: texto que dice "Máximo Medio-alto Hostalaría: Capacidade máxima Peche Medio 18,00h Hostalaría: Capacidade: 30% 50% terrazas Peche 18,00h Básico Hostalaría: Capacidade: 40% Reunións: catro persoas -Peche Reunións:máximo persoas 23,00h Cultura deporte: Hostalaría: Capacidade: 50% interior 75% terrazas Peche 23,00h interior 500 exterior máximo persoas deporte: persoas Reunións: máximo seis persoas exterio en Cultura deporte: 500 persoas 1.000 en Non posible saír do ou perimetral Cultura deporte: 500 persoasen interior 1.000 en exterior nos niveis máximo, medio-alto medio SAIAMOS DISTO SENTIDIÑO Contses Consulta restricións wg xeraise En todos os niveis: Capacidade do comercio 50% Restrición horaria nocturna entre 23,00h 6,00h XUNTA DE GALICIA"

Ao tempo que se coñecía que tanto a capital de Ourense como Barbadás pasaban ao nivel medio-alto de risco, non se tomaba ningunha decisión cos concellos da comarca que permanecen pechados perimetralmente de xeito conxunto. Así, Verín, Cualedro, Monterrei e Castrelo do Val seguirán formando unha améndoa perimetral da que non se poderá saír máis que con causa xustificada e mantendo o nivel máximo de restricións que lles impide, entre outras, o feito de consumir no interior dos locais da hostalería e que obriga aos mesmos a pechar ás 18:00 horas. 

613 casos activos en Chaves

Segundo a máis recente publicación da Unidade de Saúde Pública da Agrupación de Centros de Saúde (ACeS) do Alto Tâmega e Barroso, ás 00:00 horas do sete de xaneiro eran 1.141 os casos en fase activa contabilizados, dos que a súa maioría estaban en Chaves (613) e Montalegre (138). O resto de Cámaras Municipais repartían os positivos do seguinte xeito: Valpaços (99), Vila Pouca de Aguiar (117), Ribeira de Pena (85) e Boticas (89).

Nesa rexión fronteiriza coa comarca de Monterrei lévanse contabilizados 5.148 casos dende que comezou a pandemia e producíronse 89 falecementos

Verín, Castrelo, Cualedro e Monterrei manteñen o nivel de restricións e haberá que...
comentarios