sábado 24/10/20
As causas do pasamento son descoñecidas polo momento e agárdase ao resultado da autopsia

Un sesaxenario de Verín aparece morto nunha rúa de Ourense, preto da pensión na que vivía

O verinense apareceu morto na madrugada do pasado martes, na beirarrúa da vía Seixo, en Ourense.

Hospital comarcal de Verín. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Hospital comarcal de Verín. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

Un home natural de verín apareceu morto durante a madrugada do pasado martes nunha beirarrúa da cidade de Ourense. O verinense tiña 62 anos de idade e foron os servizos de emerxencia os encargados de confirmar o seu pasamento, cando chegaron a socorrelo na rúa Seixo (Ourense).

Amaro C. L. apareceu no chan e con magulladuras, a escasos metros da pensión na que se aloxaba: as causas da morte aínda están por esclarecerse e haberá que agardar á autopsia para descubrir que lle ocorreu ó verinense nos momentos previos á súa morte. 

Un sesaxenario de Verín aparece morto nunha rúa de Ourense, preto da pensión na que vivía
comentarios