xoves 21.11.2019
O acto electoral celebrarase na Casa da Cultura da vila esta tarde a partir das 20:00 horas

O presidente provincial, Manuel Baltar, chega a Verín co obxectivo de subliñar o traballo dos populares ourensáns

A diminución de días desta última campaña electoral fai que os candidatos dos partidos teñan que repartirse á hora de organizar o seu percorrido de mitins. No acto de hoxe non estará presente a cabeza de lista ó Congreso dos Deputados, Ana Vázquez.

Mitin dos Populares de Ourense na Casa da Cultura de Verín.
Mitin dos Populares de Ourense na Casa da Cultura de Verín.

A cinco días do que serán as cuartas eleccións xerais en catro anos, o Partido Popular de Ourense chega a Verín en plena campaña electoral para ofrecer o seu mitin na vila. Será na Casa da Cultura, esta tarde, a partir das 20:00 horas. Logo de 6 meses e unha semana, toca volver votar para elexir ós candidatos e candidatas ó Congreso e ó Senado.

No acto de campaña dos populares, participarán o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, a Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, o candidato ó Senado por Ourense, Miguel Ángel Viso Diéguez e Juan Manuel Jiménez Morán, cabeza dos Populares de Verín.

O presidente provincial, Manuel Baltar, chega a Verín co obxectivo de subliñar o...
comentarios