xoves 09.04.2020
Vendo o aspecto que tiña a porta do hospital esta tarde, ninguén diría que existe problema demográfico algún

Un milleiro de persoas, entre cativos e pais chegados de toda a comarca, certifican que ise paridoiro morto está moi vivo

Quen dixo que non queda esperanza aínda que o globo teña a cor de quen tomou a decisión de pechar o paridoiro? | FOTO: Xosé Lois Colmenero
Quen dixo que non queda esperanza aínda que o globo teña a cor de quen tomou a decisión de pechar o paridoiro? | FOTO: Xosé Lois Colmenero

Ás veces os que nos adicamos a este complexo, abafante pero non menos ilusionante oficio de contar o que vemos como o vemos temos a sorte de non ter que esprimir moito os miolos buscando titulares. Esta tarde, amén dos moitos que a neurona formulase, bastaba con botarlle un ollo ás pancartas que portaba toda a cativada que alí se xuntou para ter onde escoller. "Tiembla Feijóo, que mi mamá está muy cabreada"; "Pediatría no hospital para @s [email protected] do rural"; "Non somos nenos de segunda" -dicían os chegados dende A Mezquita-, "Son nena do rural pero teño os mesmos dereitos cos da capital", ou "Eu nacín eiquí, e meu irmau será das Estivadas? de Xinzo? ou de Allariz?" eran algunhas das lendas que portaban, como orgullo reivindicativo, os pequenos que naceron no paridoiro da segunda das prantas dese hospital no que protestaban.

peque3

Pero, discretamente, sen moitas cores -así se pode apreciar no vídeo que se achega con esta información-, una pequena no colo da súa nai amarraba con forza un minúscula pancarta na que, malia o tamaño, se lía a mellor das mensaxes, a xuízo deste informador: "[email protected] pero [email protected]". En tres palabras quedaba perfectamente resumido o espíritu desa singular convocatoria verpertina de nenos e nenas do rural e da vila, pero cun denominador común, o de teren sido usuarios dun hospital que leva 25 anos aberto, os mesmos que tiña o paridoiro que agora se clausura e polo que berran, eles, os seus pais e avós. 

A loita por manter o lugar por onde se chega á vida xa se herda, traspasa fronteiras e mesmo provoca fendas na máis sólida das formacións políticas ata o de agora, a popular

A loita por manter o lugar por onde se chega á vida xa se herda, traspasa fronteiras e mesmo provoca fendas na máis sólida das formacións políticas ata o de agora, a popular. Se houbo esta tarde un xesto que invitaba á esperanza, ise foi o das mulleres do PP, entre elas unha deputada provincial, alcaldesa e nai, a rexedora de Oímbra, Ana María Villarino Pardo. Quixeron apoiar ás nais que coma elas tamén pariron nese hospital: "Dende o primeiro día manifestamos o noso rexeitamento ao peche do paridoiro, lle trasladamos esa postura tanto ao xefe do EOXI -Félix Rubial- e a Santiago, e seguimos traballando niso, co obxectivo de conseguir revertir esta situación. O paridoiro é un servizo esencial para a comarca, e hai que estudiar outras posibilidades que non sexan a do peche", di Villarino Pardo. 

peque4Dende a esquerda, concelleiras e alcaldesas do Partido Popular, que esta tarde acompañaron na loita á organización das protestas: Rosa, Flores, Ana María, Marina e Melisa.

E, así, rematou a xornada reivindicativa deste 5 de decembro, aínda que o respectuoso e singular velorio alí quedaba instalado, co aparente morto no segundo piso do hospital, moito máis vivo do que moitos cren.

Un milleiro de persoas, entre cativos e pais chegados de toda a comarca, certifican que...
comentarios