martes 23.07.2019
O prezo da inscrición son 20 euros e deberá formalizarse antes do 7 de xullo

Verín, capital das Vespas Lambrettas e motos clásicas por un día

Cartel do evento. Fonte: Concello de Verín.
Cartel do evento. Fonte: Concello de Verín.

O vindeiro 7 de xullo terá lugar a 9ª Concentración de Vespas Lambrettas e motos clásicas de Verín, organizada polo Club Vespa Verín en colaboración co Concello de Verín.

Esta edición contará cun paseo turístico a lugares coma os balnearios e outros de interese da zona, con saída desde a Praza García Barbón ás 11:00 h.

As persoas que participen terán un pincho e consumición nas paradas que fagan no itinerario do paseo e o sábado, os participantes desfrutarán dunha comida nun restaurante da vila ás 14:00 h, onde haberá tamén un sorteo de regalos e entrega de premios aos asistentes.

O prezo das inscricións é de 20 euros, podendo realizarse os pagamentos de diferentes modos: ben facendo unha inscrición e pagamento previos ao 7 de xullo na conta de ABANCA ES 48 2080 5168 1630 4001 9559 ou inscribíndose e pagando o propio día da concentración a partir das 9:30 h. Toda a información precisa poderá obterse no teléfono  669.894.046.

Verín, capital das Vespas Lambrettas e motos clásicas por un día
comentarios