miércoles. 01.05.2024
Carmen Rodríguez, portavoz socialista de Política Forestal.
Carmen Rodríguez, portavoz socialista de Política Forestal.

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez, reclamou hoxe “cambios de fondo” na política forestal da Xunta trala da vaga de incendios deste verán, na que se calcinaron 44.000 hectáreas recoñecidas polo goberno galego. A socialista presentou unha pregunta oral en Comisión parlamentaria, na que reclamou adiantar as tarefas preventivas antes de que comece a temporada de incendios.

Rodríguez lamentou que o director xeral eludira responder ás preguntas do PSdeG sobre a valoración dos danos ocasionados polos incendios, nin deu conta da súa previsión para atender ás reclamacións por danos patrimoniais. Tampouco deu conta da obriga da Xunta de publicar o Pladiga en outubro, como sinala o Real Decreto 15/2002.

A socialista afeoulle ao director xeral de Defensa do Monte que deixen estas tarefas preventivas ata o mes de xullo, o que considerou “a todas luces inapropiado”. Lembrou que as propias organizacións sindicais denuncian “a falla de medios humanos e materiais para atallar a vaga de lumes”, mentres “os efectivos falan de descontrol, desastre e colapso.

 

Ademais, reivindicou a profesionalización dos brigadistas, aplicando un servizo de prevención e extinción baixo un mando único dependente da Xunta plenamente equipado para rematar coa precariedade que lastra a actuación contra o lume. Denunciou as “xornadas abusivas, cuadrillas mermadas e a maioría delas mesmo sen constituír en plena temporada de alto risco”.

Acusou ao goberno galego de “maquillar as cifras previstas no Pladiga, numerando ao inicio da campaña de alto risco persoal que nunca chega a contratarse”, cando a realidade é que este ano rexistráronse “brigadas de sete integrantes nas que en realidade había tan só catro persoas e outras de catro nas que só traballan dous.

 

Rodríguez advertiu de que o resultado do desleixo do goberno galego en política de prevención e extinción de incendios foi un dos peores anos dende que se teñen rexistros, incluíndo o maior lume nunca visto en Galicia, con importantes danos materiais e medioambientais en O Courel, Pobra de Brollón, Boiro, O Barco, Verín, Vilariño de Conso, O Irixo ou Oímbra.

NOTICIAS VERÍN | O PSdeG reclama "cambios de fondo" nas políticas antiincendios