mércores 16/06/21
Comeza a vacinación dos menores de 60 anos que recibiran a 1ª dose da farmacéutica anglosueca

NOTICIAS VERÍN | O 87% do persoal esencial prefire AstraZeneca para a segunda dose da vacina

segunda dosis astrazeneca
Traballadoras do Centro de Día de Verín, recibindo a segunda dose da vacina. | FOTO: M. D.

As persoas menores de 60 anos vacinadas con AstraZeneca están a recibir no día de hoxe a segunda dose para a súa inmunización. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras convocou a 1300 persoas que recibiron a primeira parte da vacina en febreiro, previamente a que Sanidade paralizara a súa aplicación. Estas máis de mil persoas forman parte do persoal esencial, entre os que se inclúen docentes, persoal sanitario, coidadores a domicilio ou forzas e corpos de seguridade do estado.

Só no Hospital de Verín, van ser vacinadas arredor de 230 persoas destes colectivos, entre as que se atopan os traballadores do Centro de Día 'Raiola' de Verín, que maioritariamente se decantaron por unha segunda dose de AstraZeneca. "Eu puxen AstraZeneca, non o dubidei en ningún momento. Preferín poñer a mesma que da primeira vez", afirmaba Merche Diz, empregada do Centro de Día, mentres cumpría os 15 minutos de espera. Non sen antes, entregar un consentimento asinado, obrigatorio para recibir tanto a segunda dose de Pfizer como da vacina anglosueca

Vacina-AstraZeneca-segunda dose-centro de díaNieves Justo, supervisora do Centro de Día para maiores de Verín, recibindo a segunda dose de AstraZeneca.

Antes de acudir á súa cita, foron previamente sometidos a unha enquisa telefónica que se resolveu con case un 90 por cento dos enquisados en contra de recibir unha vacina distinta á suministrada na primeira dose, optando novamente pola de AstraZeneca. Non obstante, os equipos de vacinación contan cunha dotación suficiente de vacinas para facer fronte a cambios de decisión ou algún tipo de incidencia.

NOTICIAS VERÍN | O 87% do persoal esencial prefire AstraZeneca para a segunda dose da...
comentarios