domingo. 19.07.2026
Referente no calendario festivo da comarca, terá lugar os días 5 e 6 de abril

NOTICIAS VERÍN | Aberto o prazo de inscrición para expositores na Feira do Lázaro 2025

feira larazo-30
O pasado ano os expositores déronlle un sobresaínte á organización da Feira do Lázaro.

O Concello de Verín anuncia a apertura do prazo de inscrición para os expositores interesados en participar na Feira do Lázaro 2025, que terá lugar os días 5 e 6 de abril no Pavillón de Deportes. Este evento, que se consolida como unha referencia no calendario festivo da comarca, reunirá unha ampla selección de produtos de artesanía e alimentación, mantendo o seu compromiso coa calidade e a tradición.

 

A feira contará con expositores especializados en artesanía e alimentación, ofrecendo un escaparate único para mestres artesáns, talleres artesáns e profesionais do sector agroalimentario.

 

O prezo do aluguer dos stands será de 70€ por un espazo de 9m² (3x3m), con opcións adicionais de mobiliario dispoñibles para os participantes (mostrador, 65 €; estante con andeis, 60 €). O horario de apertura será o seguinte: sábado, 5 de abril: de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 21:00 h; e domingo, 6 de abril: de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 h.

 

Proceso de inscrición

Os interesados en participar deberán presentar a súa solicitude ata o 12 de marzo de 2025, a través da Sede Electrónica do Concello de Verín. No caso de que queden espazos dispoñibles, o prazo poderá ampliarse. 

A selección dos participantes realizarase en función do sector, dos produtos ofertados e da súa adecuación á temática da feira, priorizando a variedade e a orixinalidade. Ademais, establecerase unha lista de reserva para aqueles solicitantes que non dispoñan de espazo inicialmente.

NOTICIAS VERÍN | Aberto o prazo de inscrición para expositores na Feira do Lázaro 2025