Grande parte do calendario de actividades programadas polo Concello de Verín para este Lázaro 2024 perseguían facer ao público asistente partícipe delas de xeito moi activo.
A xornada do sábado arrincou cunha cata de queixos, á que lle deu continuidade a actividade Sabores con sostibilidade, onde se mesturaron aromas dos viños da D.O. cos ingredientes máis sostibles da cociña próxima.
Pola tarde, catro obradoiros. Abriron a quenda Pato Joyeros, cun taller de elaboración de pulseiras para a cativada de máis de seis anos.
Logo houbo quen aprendeu a facer bolachas e zumes do máis biosaudables, cortar cecina e mesmo elaborar portalápices de fieltro.
A tarde deste domingo de Lázaro rematará con outros dous obradoiros: un para darlle un segundo uso aos tecidos desaproveitados da casa e outro de elaboración de xoiería textil.
FOTOS: Anabel G. Simón.
Elena, de Tarde Piache, no obradoiro de elaboración de pulseiras.
Esther Gómez, de Pato Joyeros, no taller que organizaron na feira do Lázaro.
A banda de música de San Cibrao das Viñas, desfilando polas rúas de Verín.
A Banda de Música de Verín, no momento de comparecer na Praza da Mercé para participar no III Festival de Bandas do Lázaro.
