Ata 66 establecementos quixeron, nesta edición, estar presentes nunha nova edición da Feira do Lázaro que esta fin de semana manterá animadas as rúas da vila de Verín.
O certame arrincaba este sábado, pouco despois das 11:00 horas, coa visita das autoridades locais e comarcais, que se converteron nos primeiros visitantes dun recinto feiral sen a buvette promocional das augas e o demandado, pero caro, túnel do viño da D.O. Monterrei.
Así, con máis espazo dispoñible, o pavillón polideportivo quedou convertido nun grande centro comercial con notable presenza lusa e onde os obxectos feitos a man terán, na fin de semana, un gran protagonismo.
Non faltaron, nesta xornada sabatina, os obradoiros, as experiencias sensoriais, as competicións deportivas e ata a ampla exposición de vehículos novos e de ocasión, que presidía a rúa Irmáns Moreno de Verín.
Velaquí unha pequena e primeira escolma da xornada inaugural da feira do Lázaro.
FOTOS: Noelia Caseiro.
A furgoneta camperizada de Multimarca Martínez foi unha das máis visitadas.
Autoridades locais, comarcais; concelleiros da Corporación verinense e o presidente da D.O., brindando cun Monterrei.
Jonatás Gago, presidente da D.O. Monterrei.
A voceira do Partido Popular de Verín no Concello, Lara Da Silva.
Diego Lourenzo, con Lara Da Silva e Ana María Villarino Pardo, alcaldesa de Oímbra.
A concelleira de Seguridade Cidadá, Cándida Couñago.
cr
cr
A doutora Carmen Sola, coas concelleiras Samanta Barreira, Cándida Couñago e Rosario Rodríguez.
En primeira liña, o concelleiro e doutor José Luis Martín.
A banda de gaitas municipal de Verín amenizou a mañá inaugural da Feira.
Rosario Rodríguez, concelleira de Servizos Sociais en Verín, co seu compañeiro no grupo de Goberno, Manuel Lorenzo.
O Torneo de Natación de Escolas Deportivas desenrolouse na piscina climatizada verinense.
