viernes. 26.04.2024
No hospital comarcal tamén se estiveron realizando probas PCR ao seu persoal nas últimas xornadas

A moza positivo en coronavirus de Verín foi diagnosticada en Vigo, onde reside

A muller de 32 anos natural de Verín e positivo por coronavirus foi diagnosticada nun centro de saúde de Vigo (Pontevedra), onde reside e onde está confinada respectando a corentena imposta pola súa nova situación epidemiolóxica.

Diario do Támega tamén puido saber que alomenos uns vinte traballadores do hospital de Verín realizaron as probas PCR dende o pasado 11 de agosto

Hospital comarcal de Verín. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Hospital comarcal de Verín. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

A moza de 32 anos natural de Verín e positivo por coronavirus, segundo adiantou Diario do Támega este xoves, foi diagnosticada nun centro de saúde de Vigo (Pontevedra), onde reside e onde tamén está seguindo a oportuna corentena logo de coñecerse que desenrolara a enfermidade da COVID-19. 
A xoven non mantivo contacto coa vila verinense nas últimas horas.


Diario do Támega tamén puido confirmar que dende o pasado 11 de agosto alomenos 24 traballadores do hospital de Verín deron negativo nas probas PCR realizadas pola posible sospeita dun positivo entre os integrantes da súa plantilla

A moza positivo en coronavirus de Verín foi diagnosticada en Vigo, onde reside