martes 24/11/20
Tamén se realizarán accións vinculadas á mellora enerxética

O Sergas adxudica a redación do proxecto de ampliación das urxencias do hospital de Verín

Construirase un edificio dunha única planta, conectado a través dun corredor ao actual complexo hospitalario comarcal. 

Os sanitarios do hospital de Verín, aplaudindo aos transportistas. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Os sanitarios do hospital de Verín, aplaudindo aos transportistas. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

O Sergas vén de adxudicar a redación do proxecto que permitirá dar comezo as obras de ampliación das urxencias do Hospital de Verín. Nesas actuacións tamén se levarán a cabo melloras da eficiencia enerxética do complexo hospitalario comarcal. 

Na obra de ampliación, construirase un edificio independente do Hospital que estará situado onde agora se atopa o aparcamento. Esta construción conectará directamente co actual edificio a través dun corredor e constará dunha única planta, cunha superficie útil de 1.229,40 m² e unha superficie construída de 1.372,50 m².  

Dito plan de deseño contará cun orzamento de 131.890 euros, ademais de dispor dun prazo de execución de tres meses. Neste período realizarase a redación do proxecto básico e, posteriormente, en dous meses, tentarase a súa aprobación.

No referente ás melloras enerxéticas, producirase o cambio da enfriadora, a instalación de paneis fotovoltaicos, a substitución da iluminación por unha máis eficiente e o illamento da cuberta.

O Sergas adxudica a redación do proxecto de ampliación das urxencias do hospital de Verín
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade