viernes. 26.04.2024
O socio do bipartito que máis cafés toma segundo o líder da oposición fai balance e fala do futuro

"Os veciños están vendo que, por primeira vez, o seu diñeiro e os seus impostos serven para algo"

Diego Lourenzo Moura é o líder do BNG na vila e aspira a facerse coa alcaldía ou, no peor dos casos, reeditar o pacto de goberno que mantivo co seu socio Gerardo Seoane. Fala sen tapuxos e explica, claramente, por que o Concello non está pagando aínda que conta con recursos para facelo. Transformar o conservatorio, darlle unha volta ás funcións da Eurocidade ou incrementar a aposta pola dinamización do rural sen perder de vista a creación de emprego, principal obxectivo da vindeira lexislatura, son os eixes da súa oferta programática.

Diego Lourenzo Moura, líder do BNG en Verín.
Diego Lourenzo Moura, líder do BNG en Verín.

Foi a base da estabilidade do Goberno local durante catro anos, froito do seu carácter sempre alegre e de sorriso contaxioso. Tocoulle lidiar cunha concellería onde a superlativa actividade do compañeiro de pacto e a falta de persoal nos departamentos correspondientes o situaron no branco da foribunda crítica da oposición, ata chegalo a facelo responsable da hipotética, segundo din, desastrosa situación financieira do Concello. Todo o mundo sabe, Jiménez fartouse de lembralo nos plenos e fora deles, que toma moitos cafés.

A primeira cuestión é sinxela e moi socorrida. Balance destes catro anos.

Este goberno foi un goberno transformador, de cambio para Verín, que funcionou ben e no que se puxo o acento da política municipal nas persoas, escapando das obras faraónicas. Fíxose unha verdadeira revolución a nivel cultural e de dinamización social. Teño a conciencia tranquila porque fixemos o mellor que podiamos facer. Non podo senón facer un balance moi positivo destes catro anos.

Durante estes días de campaña política, escoitou a moita xente. Cal foi a principal queixa dos administrados?

O que si que fun palpando coa xente é que, a diferenza doutras campañas, nesta a receptividade con nós foi moito maior. O BNG chegou ao Goberno e traballou en positivo coa xente, e iso levouno a ganar a confianza do pobo que así no la amosou nestes días pateando as rúas. Iso si, a queixa máis compartida nestes días pola cidadanía foi a da falta de emprego. Estamos a sufrir un proceso de envellecemento que non é exclusivo de Verín, tamén é certo que as competencias en materia de emprego non son do Concello pero, sen dúbida, se volvemos a ter a mesma responsabilidade, na vindeira lexislatura teremos que por o acento para tentar xerar emprego, ter solo industrial de calidade e impedir que os nosos mozos marchen. Repito, dende o noso teito competencial, porque as competencias en materia de emprego ou de solo industrial tenas a Xunta.

diegocampaña2O voceiro do Concello e líder do BNG, Diego Lourenzo, nun momento da entrevista.

Por que se comezou por humanizar a vila e non ao revés, polo emprego, entón?

A nosa política non foi de improvisación. Apostamos inicialmente por dar as debidas condicións para que a xente veña a Verín. Unha vila máis humana, un Verín máis cultural sempre será máis positivo para quen queira achegarse. Nesta lexislatura, se revalidamos a nosa maioría, poremos toda a carne no asador para darlle a volta aos datos do emprego.

Precisamente o emprego está a ser un dos mantras do líder da oposición, responsabilizándoos, incluso públicamente, da perda de postos de traballo

A esa persoa que o está facendo eu lle preguntaría que fixo o seu partido, que é o que ten as competencias en materia de solo e de emprego. Tivemos catro anos dunha oposición destructiva, e en ningún momento usou as bazas políticas que podía ter o líder da oposición para que esta vila mellorase.

Pinta que o polígono de Tamagos seguirá como está e a Xunta non desbloqueará o convenio que este Concello lle propuxo?

Non teño moita esperanza en que haxa un desbloqueo nesa cuestión por parte da Xunta. Á xente hai que dicirlle a verdade: Cando o BNG chegou ao bipartito á Xunta, unha das prioridades foi dotar a Verín de solo industrial. Comezou a expropiar os terreos do polígono de Tamagos pero ben é certo que non lle deu tempo a urbanizar porque houbo cambio de Goberno. Nos anos 2009, 2011 e 2012 metéronno nos orzamentos da Xunta pero non chegaron a executalo. A xente ten que saber quen puxo en marcha ese polígono e quen o paralizou, para votar con toda a responsabilidade do mundo. Que non veña o líder da oposición falar de emprego.

A xente ten que saber quen puxo en marcha o polígono de Tamagos e quen o paralizou, para votar con toda responsabilidade. Que non veña o líder da oposición falar de emprego!!!

Cal foi o talante da oposición nestes catro anos?

Durante estes catro anos non detectei que houbera ningunha intención de axuda por parte da oposición. Dígolle máis, vimos de votar a aprobación do Instrumento de Ordenación Provisional, que é unha fórmula, como di o seu título, provisional para saír do paso porque temos un plan xeral anulado e precisamos dotar de seguridade xurídica a esta vila para que se poida seguir traballando estes anos ata que non teñamos novo plan, e a min sorprendeume moito de que o PP se abstivese cando este instrumento é un calco do plan urbanístico deles que foi anulado.

Moi distinto ao do seu compañeiro de experiencia no Executivo, entón.

Creo que fomos un exemplo de bipartito, que funcionou, que non tivo fisuras durante estes catro anos e que se nos pon de exemplo en moitos sitios. Non podemos dicir o mesmo de Baños de Molgas ou de Barbadás. En Verín funcionou porque estivo baseado, exclusivamente, nas necesidades que tiña a poboación por enriba de todo e sempre existíu unha total cordialidade dos membros do grupo do Goberno.

Creo que fomos un exemplo de bipartito, que funcionou, que non tivo fisuras estes catro anos e que se nos pon de exemplo en moitos sitios.

Que quedou do programa do BNG pendente do que vostede se laia por non telo feito?

Creo que unha das importantes eivas da nosa oferta programática que non chegamos a cumprir foi a da posta en marcha do polígono industrial e tamén a da superficie de caravanas en Verín, que tampouco nos deu tempo a executala.

Principais liñas da súa oferta para os vindeiros catro anos?

Temos que seguir na liña que xa se marcou de dinamización cultural. Non só por unha cuestión ideolóxica, ou de por en valor a cultura. Tamén por unha cuestión económica: Que hoxe haxa un cinema en Verín implica que a xente non teña que ir a Ourense; que haxa un festival de curtas que ten un importante retorno económico, tamén ten a súa influencia na economía... Por suposto, non debemos esquecer o desenvolvemento no rural e o solo industrial, con medidas exclusivamente encamiñadas a consolidar ás persoas na vila.

O seu compañeiro de Goberno prometeu auga gratis nun servizo, de novo, municipalizado. Que lle parece?

Os servizos públicos, case todos, volven a estar en mans dos veciños de Verín, e iso implica que eles son os donos. A aposta clara deste Goberno é que os servizos públicos se xestionen dende o ámbito público. Non me parecería unha mala idea que o servizo da auga volvese a estar en mans do Concello.

Non me parecería unha mala idea que o servizo de auga volvese a estar en mans do Concello.

É tan preocupante a situación do Concello como di o líder da oposición?

A área de Facenda é a área que recibe todas as actuacións do Goberno. A situación non é tan alarmante como conta a oposición, que tenta sacar rédito político desta situación. Pero, o que é certo é que durante estes anos fomos arrastrando unha serie de problemas en canto a estrutura de persoal e funcións que non soubemos solventar. Parte de que hoxe haxa ese diñeiro que ten que ir a un recoñecemento extraxudicial de crédito se debe a esa situación. Os veciños están vendo que, por primeira vez, o seu diñeiro e os seus impostos serven para algo. É evidente que se ten gastado e invertido diñeiro no benestar de todo o conxunto e creo que os Concellos non son unha banca privada nin unha empresa que deban aforrar cartos, o diñeiro dos veciños e das veciñas ten que reinvertirse neles mesmos.

Que ocorre para que non se pague?

Unha persoa elabora un orzamento e logo realiza unha serie de gastos que ás veces poden ser maiores dos que están previstos nese orzamento, ou aparecen cuestións extraordinarias que hai que atender. Iso todo ten que ir a un recoñecemento extraxudicial de crédito ao non estar contemplado no presuposto. Aquí, tamén lle digo, que durante toda a vida, por exemplo, as facturas imputadas a un exercicio económico se pagaban nos primeiros meses do ano seguinte sin ningún tipo de problema. Este ano non se poido facer porque houbo un escrito posto por parte da oposición na que advertía ao interventor de que non se podía facer así cando toda a vida eles o fixeron así. Que hoxe teñamos unha importante cantidade do 2018 sen pagar é por ese escrito do líder da oposición. En todo caso, o que hai que facer é por enriba da mesa os importes pendientes por pagar, ver o que se pode pagar con cargo ao exercicio do 2018, que o estamos xestionando por outro lado, en breve teremos novas e poida que se poidan pagar sen ter que ir a un recoñecemento extraxudicial de créditos, e o importe de atrás irá a un recoñemento como fixeron os gobernos anteriores do Partido Popular. Teremos que facer recoñecemento por importes pendientes dos anos 2013 e 2014, facturas pendientes de pago de cando Jiménez Morán gobernaba.

Durante toda a vida, por exemplo, as facturas imputadas a un exercicio económico se pagaban nos primeiros meses do ano seguinte sin ningún tipo de problema. Este ano non se poido facer porque houbo un escrito posto por parte da oposición na que advertía ao interventor de que non se podía facer así cando toda a vida eles o fixeron así. Que hoxe teñamos unha importante cantidade do 2018 sen pagar é por ese escrito do líder da oposición

Haberá reedición do pacto?

Se os resultado está na liña do que obtivemos ou na mesma proporción pero con máis representación de cada grupo, volveremos a ter goberno bipartito. Se existe un empate en número de concelleiros, creo que habería que sentarse porque o xusto sería un reparto da lexislatura.

Por último, que medidas cumprirá si ou si de manterse como socio de Goberno?

Un dos compromisos adquiridos, que non deixerei de lado, é o da transformación do conservatorio elemental en profesional. A dinamización do rural tamén estará diariamente na miña axenda os vindeiros catro anos e, en terceiro lugar, creo que debemos darlle unha volta aos fondos europeos da Eurocidade, para ter máis proxectos que sexan produtivos. A Eurocidade é un gran captador de recursos pero tamén considero que debemos integrar as estratexias dos dous concellos dentro das estratexias da Eurocidade.

"Os veciños están vendo que, por primeira vez, o seu diñeiro e os seus impostos serven...