sábado. 18.05.2024
Centro de Salud de Laza.
Centro de saúde de Laza.

Continúan a reducirse o número de casos activos por coronavirus na comarca. Segundo os datos publicados polo Servizo Galego de Saúde no día de hoxe, o cambio máis significativo produciuse no concello de Laza, onde os casos activos baixan a sete, tres menos que no día anterior. Xa se sitúa por debaixo de Verín que se converte no municipio con máis positivos da comarca. Rexistra, ao igual que onte,  nove casos positivos.

Nos demáis concellos da comarca non se rexistraron modificacións e o Sergas mantén os mesmos datos:

  • Cualedro e Vilardevós: dous positivos
  • Riós: un positivo
  • Castrelo do Val, Monterrei e Oímbra: 0 positivos

CORONAVIRUS VERÍN | Continúa a redución de casos activos en Laza, con xa só sete