sábado. 27.07.2024
O xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, Félix Rubial. | FOTO: Somos comarca.
O xa ex xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, Félix Rubial. | FOTO: Somos comarca.

A Consellería de Sanidade vén de nomear a José Santiago Camba Bouzas novo xerente da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. Substitúe no cargo a Félix Rubial Bernárdez.

O novo xerente, José Santiago Camba. | FOTO: O Sil.
O novo xerente, José Santiago Camba. | FOTO: O Sil.

Nado en 1960, Camba Bouzas é licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela e está especializado en Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía. Conta con praza como médico de Urxencias e tamén do Servizo de Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica e cun diploma en Alta Xestión Hospitalaria da Escola Galega de Administración Sanitaria.

Foi director xeral de Xuventude da Xunta de Galicia entre os anos 1990 e 1995 e vicepresidente da Deputación provincial de Ourense entre 1995 e 2001, cargo que compatibilizou coa Vicepresidencia da Federación Galega de Municipios e Provincias. Entre 2000 e 2001 foi director provincial do Servizo Galego de Saúde en Ourense e, entre 2009 e 2012 foi secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia.

Ocupou postos de responsabilidade nas Embaixadas de España en Brasil, Venezuela, Argentina, Colombia e República Dominicana.

Na actualidade viña exercendo como coordinador cirúrxico e traumatólogo no Hospital do Barco de Valdeorras.

José Santiago Camba Bouzas é coautor de máis de 20 estudos de Medicina, Cirurxía, Ortopedia e Seguridade Social en publicacións científicas e revistas especializadas nacionais e estranxeiras.

NOTICIAS VERÍN | Sanidade destitúe a Rubial, o xerente que quixo pechar o paridoiro