sábado. 15.06.2024
A temática do pincho será libre. | FOTO: Noelia Caseiro.
O Concello de Verín quere maior implicación tras examinar os resultados do exitoso "Pincha no Lázaro". | FOTO: Noelia Caseiro.

O Concello de Verín, a través das áreas de Hostalería e Feiras, vén de anunciar a convocatoria dunha reunión informativa dirixida ao tecido hostaleiro da nosa vila. A reunión terá lugar o próximo día 15 de maio, ás 18:00 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura.

O obxectivo fundamental deste encontro é promover un espazo de colaboración entre os diversos actores do sector da hostalería en Verín, coa finalidade de explorar posibles vías de actuación para a súa dinamización. Neste sentido, espérase que a reunión sirva como foro de diálogo para intercambiar ideas innovadoras, compartir experiencias e analizar as necesidades e oportunidades que enfronta o sector hostaleiro local na actualidade.

A participación dos propietarios e representantes hostaleiros é esencial para o desenvolvemento e fortalecemento dos negocios locais. Por iso, dende o consistorio estenden esta invitación a todos aqueles interesados en contribuír con ideas e propostas que impulsen o crecemento e a prosperidade do mesmo.

NOTICIAS VERÍN | O Concello convoca aos hostaleiros a unha reunión para revitalizar a...
Entrando en la página solicitada Saltar publicidad