venres 10.07.2020
crearase un grupo de crise e seguimento da evolución da enfermidade, coordinado coa Cámara de Chaves

O Concello de Verín suspende as feiras, as xornadas de Novela Histórica, as festa do Lázaro e o torneo de debate

A feira deste 11 de marzo foi a última ata nova orde no Concello de Verín. | FOTO: Nieves Justo.
A feira deste 11 de marzo foi a última ata nova orde no Concello de Verín. | FOTO: Nieves Justo.

O grupo de Goberno do Concello de Verín vén de decretar a suspensión de todas aquelas actividades públicas nas que se concentre poboación, xa sexa en recintos pechados pero tamén en públicos. Segundo confirmou o rexedor municipal, Gerardo Seoane, "quedan suspendidas, ata novo aviso e sempre seguindo os criterios que nos marquen tanto dende o Goberno central como da Xunta de Galicia, as feiras, as xornadas de Novela Histórica, as festas do San Lázaro e a segunda edición do torneo de debate Vila de Verín", apuntou pouco despois de rematar a xuntanza de urxencia de todos os membros do grupo de Goberno este mediodía na casa consistorial verinense. 

O alcalde, Gerardo Seoane, tamén anunciou a creación dun grupo de seguimento da crise do Coronavirus, que estará en permanente contacto con representantes da Cámara Municipal de Chaves, país onde se están rexistrando casos da enfermidade na franxa Norte, a máis próxima ás terras de Monterrei. 

Tamén previmos así os fluxos de xente dende o Norte de Portugal, seguindo as recomendacións do propio Goberno Central (Diego Lourenzo, alcalde en funcións do Concello de Verín)

Diego Lourenzo, alcalde en funcións, estivo ao longo da mañá en contacto permanente coa xefatura provincial da Consellería de Sanidade, á que lle comunicou unha decisión que "entendemos é a máis responsable que podemos tomar dende este grupo de Goberno. Non podemos esquecer que a maioría da xente que asistiría a este tipo de eventos, concretamente á festividade do Lázaro, é xente maior, algúns deles que poden estar incursos nos grupos de risco desta enfermidade. Tamén previmos así os fluxos de xente dende o Norte de Portugal, seguindo as recomendacións do propio Goberno central", sinalou o tenente de alcalde e rexedor en funcións do Concello de Verín. 

O Concello de Verín suspende as feiras, as xornadas de Novela Histórica, as festa do...
comentarios