venres 30/10/20
Aínda a Consellería de Sanidade permitía celebrar o mercado, o grupo de Goberno decidiu adialo

O Concello de Verín suspende a feira do vindeiro mércores 23 e precinta os parques e xardíns

O parque do Concello de Verín permanece precintado, coma o resto dos xardíns da vila.
O parque do Concello de Verín permanece precintado, coma o resto dos xardíns da vila.

O Concello de Verín vén de anunciar que a feira deste mércores 23 de setembro queda adiada ata que non se evolucione nas restriccións fixadas pola Consellería de Sanidade para o municipio verinense. Aínda que a orde feita pública o pasado venres si permitiría celebrar o último mercado do mes, o grupo de Goberno do Concello de Verín acordou suspender a súa celebración "ata que as condicións epidemiolóxicas melloren", din fontes municipais. 
Tamén o Concello de Verín foi máis alá e decidiu precintar todos os parques e xardíns da vila, impedindo o seu uso a calquera hora. Permanecen pechadas as instalacións deportivas, a piscina cuberta, o museo do viño e a biblioteca só ofrece servizo de préstamo. 

Non se celebrará ningunha actividade social, cultural e pública promovida pola institución municipal ata finais do mes de setembro . 

O Concello de Verín suspende a feira do vindeiro mércores 23 e precinta os parques e...
comentarios