luns 12/04/21
A intención é mostrar e recordar que o movemento feminista continúa moi vivo a pesar da situación social e sanitaria

O Concello de Verín, Aever e varias entidades sociais reivindicarán o feminismo con paneis polas rúas

Outra acción será a selección de fotografías ubicadas, principalmente, na Praza García Barbón, onde se desenvolverán outras iniciativas coa mesma finalidade

Un dos tótems que xa está instalados nas rúas de Verín.
Un dos tótems que xa está instalados nas rúas de Verín.

Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, en Verín levaranse a cabo unha serie de actividades impulsadas polas entidades sociais: FEMURO, CDR Portas Abertas, Asociación Feminista Nosas e Marcha Mundial das Mulleres, en colaboración co Concello de Verín e coa Asociación de Empresarias/os de Verín. Estas accións, que terán lugar nas rúas, teñen como obxectivo mostrar e recordar que o movemento feminista continúa moi vivo a pesar da situación social e sanitaria.

A acción máis visible será a selección de fotografías ubicadas nos lugares que acolleron a manifestación. É dicir, principalmente, na Praza García Barbón, onde terán lugar outras iniciativas coa mesma finalidade.  Recordando a manifestación organizada por Galegas 8M que atraeu a 6000 persoas, manterase o lema empregado o ano pasado: “Sen coidados non hai vida”.

undefinedCartel 2020 manifestación unitaria do 8M baixo o lema “Sen coidados non hai vida”. | FOTO: Concello de Verín.

Tamén se pide a participación cidadá poñendo nos seus balcóns prendas violetas ou carteis reivindicativos. Na mesma liña, o Concello colocará paneis nas principais rúas, nos que se poderán ler mensaxes feministas. Por outra parte, a Asociación de Empresarios e Empresarias de Verín únense á iniciativa decorando os escaparates con motivos feministas.

O Concello de Verín, Aever e varias entidades sociais reivindicarán o feminismo con...
comentarios