"Atendendo ás medidas de contención aprobadas na mañá de hoxe polo Consello da Xunta de Galicia, polas que se ordea o peche de todos os centros sociocomunitarios e se limitan as concentracións de máis de 50 persoas en lugar pechado, e tras recibir a recomendación do goberno local do Concello de Verín co obxectivo de diminuír as posibilidades de contaxio; o Centro de Día Raiola de Verín suspenderá a súa actividade e pechará as súas instalacións a partir desde sábado, día 14 de marzo de 2020. A suspensión da actividade do centro terá unha duración de 15 días a contar dende este sábado, día 14, e poderá ser prolongada en función da evolución da situación de emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus COVID-19". É o anuncio que acaba de facer nas redes sociais a xerencia do Centro de Día "Raiola" de Verín, advertindo que pecha temporalmente a súa actividade dende o vindeiro sábado, mantendo as súas portas abertas con total normalidade no día de mañá venres 13 de marzo.
Dende a dirección do Centro de Día agradecen a comprensión das familias e recomendan seguir as instruccións das autoridades sanitarias do Ministerio de Sanidade e da Consellería de Sanidade á fin de contribuír á diminución dos contaxios.